Archivo | abril 7, 2017

X Edicción da Carreira da Igualdade

280 ALUMNAS E ALUMNOS, PAIS, NAIS E PROFESORES DO IES PINO MANSO DISPUTARON ESTE VENRES A ‘X CARREIRA DA IGUALDADE’ SOBRE UN CIRCUITO URBANO DE 2,2 QUILÓMETROS

280 integrantes do IES Pino Manso  disputaron este venres a X edición da ‘Carreira da Igualdade’ organizada pola Departamento de Educación Física do centro, cunha importantísima vinculación nesta ocasión da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e a colaboración das concellerías de Educación e Seguridade, dirixidas por Lourdes Moure, Deportes, a cargo de Manuel Carrera, e Igualdade, á fronte da cal está Soledad Girón e que nesta edición ven de aportar as camisetas que levaban postas todas e todos os participantes.

Un ano máis preto de 300 alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do Pino Manso percorreron un circuíto urbano polas inmediacións do centro sobre unha distancia de 2,2 quilómetros coa finalidade de facer visible e lembrar que están a prol da igualdade e que rexeitan calquera tipo de discriminación por razón de sexo.

Coma indicou a concelleira de Educación, o feito de que toda a sociedade estea representada nesta proba, profesoras e profesores, alumnas e alumnos, nais e pais, responsábeis dos organismos institucionais, coma o Concello, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, “amosa que a sociedade xa decidiu a que a igualdade sexa o seu xeito de vida e que as oportunidades teñan que ver so coa capacidade e non con ningunha outra condición”.

Primeiro paso para a licitación das comunicacións do Concello

A ALCALDESA DA O PRIMEIRO PASO PARA LICITAR AS COMUNICACIÓNS DO CONCELLO E “PASAR DE TER O SERVIDOR NUN VÁTER A DISPOÑER DUN SISTEMA QUE RESPOSTE ÁS NECESIDADES DAS VECIÑAS E VECIÑOS DO PORRIÑO”

Eva García de la Torre mantivo unha xuntanza con responsábeis de distintas áreas do eido das telecomunicacións coma primeiro paso de cara a sacar a licitación as comunicacións do Concello, tanto de sistemas informáticos, datos e voz.

Neste momento o Concello, sinala Eva García de la Torre, “carece dunha infraestrutura informática fiable que se adapte as necesidades das novas redes de comunicación”, por iso, de xeito paralelo a mellora do portal web municipal, que permitirá implantar servizos coma a Administración Dixital, tanto co propio Concello coma con organismos coma o Consorcio de Augas do Louro, “necesitamos crear unha ‘autoestrada’ que permita que estes servizos poidan ser prestados de xeito sólido,seguro e inmediato e sen agardas para as veciñas e veciños”.

Ese horizonte tecnolóxico, subliña a alcaldesa “deberá axustarse ás novidades e aos adiantos que se impoñan”, da aí esta xuntanza con estes especialistas que, logo de rematar un estudo sobre das necesidades que ten a administración local, fixeron unha formulación para “poñer ao Concello do Porriño no século XXI”.

A licitación ten coma finalidade “dotarnos de fibra óptica, dispoñer dunha banda, dun caudal que permita a transmisión e recepción de datos con axilidade, de cara a acabar cos trámites físicos, e funcionar coas todas ferramentas ofimáticas necesarias en un entorno de traballo seguro, sen que haxa filtracións ou fugas de información”.

O obxectivo final é ter un sistema moderno, seguro e rápido que facilite ás xestións ás porriñesas e porriñeses, o cal implicará una “licitación complexa e cun custo considerable pero que deixará postas as bases do que serán as bases tecnolóxicas da Administración Municipal durante os vindeiros 15 anos”.

A alcaldesa subliña que con esta iniciativa vaise pasar de “ter o servidor encima dun váter a dispor una infraestrutura acorde cos  tempos actuais, ás necesidades dos veciños e ás exixencias da administración dixital”.

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS LAMENTA QUE OS INCUMPRIMENTOS DO ALCALDE ABOQUEN A VIGO A UN TRANSPORTE METROPOLITANO PEOR QUE O DO RESTO DAS ÁREAS

A Xunta e os municipios representados na comisión de seguimento do plan solicítanlle ao Concello de Vigo que comunique de forma oficial a súa postura sobre o o convenio co que se comprometeu a adherirse ao Transporte Metropolitano

 

  • Ethel Vázquez Mourelle salienta que a non incorporación de Vigo impide que os veciños disfruten de 400 euros máis de aforros anuais en transporte público
  • Cree negativo que ningún representante do Concello de Vigo atendese á convocatoria da comisión de seguimento e rexeitase así dar explicacións aos concellos cos que se comprometeu a entrar no Plan
  • Subliña que desde que o Goberno galego e 12 concellos da comarca puxeron en marcha o plan hai dous anos, téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes e hai 43.000 cidadáns con tarxeta de transporte metropolitano
  • Destaca que, ademais de subvencionar o Plan nun 80%, a Xunta financia integramente o programa ‘Xente Nova’ que permite que 8.300 mozos da área de Vigo viaxen gratis en transporte interubano

 

Vigo, 7 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou hoxe na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, na que lamentou que os incumprimentos do alcalde aboquen a Vigo a un Plan de Transporte Metropolitano peor que o que funciona no resto das áreas de Galicia.  “Que o alcalde de Vigo incumpra o seu compromiso de incorporar o autobús urbano supón que os veciños desta área non poidan acceder aos transbordos gratuítos e aforrar 400 euros máis ao ano”, afirmou.

 

Ethel Vázquez cree tamén negativo que ningún representante do Concello de Vigo atendese á convocatoria da comisión de seguimento e rexeitase, dese xeito, dar explicacións, no foro que corresponde, aos concellos cos que se comprometeu a integrar o autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano.

 

Ante esta situación, a comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, na que están representados a Xunta e os municipios, acordou solicitarlle ao Concello de Vigo que comunique de forma oficial a súas intencións en relación co cumprimento do convenio que asinou e co que se comprometeu a adherirse á iniciativa social.

 

Vázquez Mourelle salientou que a Xunta seguirá apoiando o transporte público e intentando que Vigo se incorpore nas mesmas condicións que o resto de concellos para asegurar que os vigueses teñan un plan de transporte tan bo como o da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo.

 

Ethel Vázquez lembrou que a Xunta e 12 concellos da comarca puxeron en marcha este plan hai agora dous anos e desde entón se subvencionaron máis de 5 millóns de billetes de autobús ou de barco e hai 43.000 cidadáns con tarxeta de Transporte Metropolitano.

 

Destaca que, ademais de subvencionar o Plan de Transporte Metropolitano nun 80%, a Xunta financia integramente o programa ‘Xente Nova’ que permite que xa sexan 8.300 mozos da área de Vigo viaxen gratis en transporte interubano.

 

A conselleira indicou que o pasado 6 de xullo o alcalde asinou o convenio para a incorporación do autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano, asumindo as súas normas de funcionamento, iguais en toda a comunidade, pero 9 meses despois, esa incorporación non se ten producido, a pesar de que a Xunta lle ten prestado toda a colaboración para realizar a adaptación tecnolóxica necesaria.

 

Salientou que recentemente, o alcalde fixo pública a súa renuncia a cumprir o compromiso adquirido coa Xunta e 12 concellos da comarca, pero ata o día de hoxe, o Goberno galego non tivo ningún tipo de comunicación oficial desa decisión.

 

Obradoiro «Nostalxias de Maruja Mallo» na Sede Afundación de Vigo

Afundación comezou o pasado 1 de abril, data na que se conmemorou o Día das Artes Galegas dedicado este ano á pintora Maruja Mallo, unha serie de obradoiros dirixidos a escolares sobre a artista viveirense.

Estas actividades continuarán durante o período vacacional de Semana Santa coa celebración de obradoiros de máscaras abertos a todos os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos que desexen participar. Celebraranse os días 10 e 11 de abril, en horario de 11.00 h a 12.30 h nas sedes Afundación de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. Estes obradoiros están inspirados nas máscaras que Mallo realizaba e teñen o obxectivo de dar a coñecer a historia e o labor desta muller adiantada ao seu tempo, artífice dunha revolución tanto a nivel artístico como social a comezos do pasado século.

‘¡Atraco a las tres!’ no Teatro Afundación Vigo

A adaptación teatral do filme ¡Atraco a las tres! de Pedró Masó, dirixida por Carlos Pardo, chega a Vigo e será representada mañá sábado 8 de abril a partir das 20.00 h no Teatro Afundación (Policarpo Sanz, 13).

As entradas están dispoñibles a través das vías de comercialización habituais da entidade: na web Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500.

FOTO PRIMERA ESCALA DEL BUQUE QUE UNIRÁ LOS PUERTOS DE VIGO Y TÁNGER A TRAVÉS DE LA AUTOPISTA DEL MAR

Los tráficos derivados de la Autopista del Mar crecieron un +18,8% durante el pasado año

 

 

  • Tendrá dos salidas semanales desde la terminal olívica, lo que favorecerá a la industria del Noroeste de España, Norte de Portugal, Noroeste de Francia y Marruecos.
  • Suardíaz añadirá una conexión semanal con el Puerto de Zeebrugge, en Bélgica, e incrementará la frecuencia entre Vigo y Nantes-Saint Nazaire a cuatro salidas semanales.

 

 

Vigo, 07 de abril de 2017. 

 

El Puerto de Vigo recibió hoy la primera escala del buque “Galicia”, que unirá las terminales de Vigo y Tánger a través de la Autopista del Mar. Se trata de una extensión de la línea que ya operaba la naviera Suardíaz entre Vigo y Nantes-Saint Nazaire, en Francia, y que, desde hoy, se amplía hasta Marruecos.

 

Esta ampliación tendrá dos salidas semanales, con llegada prevista a Vigo los viernes y los lunes. En el caso de la ruta en sentido ascendente (Tánger-Vigo-Saint Nazaire) el buque partirá del puerto magrebí el miércoles por la tarde para arribar a Vigo el viernes a primera hora de la mañana, desde donde podrá rumbo a Saint Nazaire al mediodía. La llegada a Francia tendrá lugar el sábado a las 06.00h. aproximadamente. La otra escala saldrá de Tánger los viernes por la tarde para recalar en la Terminal de Bouzas los lunes a las 08.00h. Abandonará los muelles olívicos sobre las 18.00h del mismo día y su llegada a Saint Nazaire tendrá lugar los miércoles a primera hora.

 

En lo respecta a la ruta en sentido descendente (Saint Nazaire-Vigo-Tánger), el buque partirá del puerto galo los miércoles alrededor de las 22.00h, para llegar a Vigo los viernes por la mañana. Desde aquí pondrá rumbo a Tánger el sábado, donde está previsto que escale a mediodía. La segunda de las escalas previstas en este caso, partirán de Saint Nazaire los sábados sobre las 14.00h. y llegarán a Vigo a primera hora de los lunes. La previsión es que digan adiós a los muelles vigueses los martes alrededor de las 14.00h. y lleguen a Tánger los viernes por la mañana.

 

Esta nueva ruta favorecerá, sin duda, a la industria del Noroeste de España, Norte de Portugal, Noroeste de Francia y Marruecos, gracias a un servicio fiable y de alta frecuencia que un irá Vigo con Marruecos, segundo socio comercial de España fuera de la UE.

 

De hecho, se prevé que esta extensión favorezca los flujos comerciales tanto de la industria automovilística -con Citröen a la cabeza- como de los sectores textil y agroalimentario, principalmente en los tráficos de pesca y hortofrutícola.

 

Además de la conexión con Tánger, Suardíaz añadirá una conexión semanal con el Puerto de Zeebrugge, en Bélgica, e incrementará la frecuencia entre Vigo y Nantes-Saint Nazaire a cuatro salidas semanales, para lo que ya está prevista la asignación de más buques.

 

Un tráfico en auge

La Autopista del Mar que une los puertos de Vigo y Francia arrancó hace dos años y, desde entonces, los tráficos rodados entre ambas regiones no han parado de crecer, demostrando la fiabilidad de esta línea. Solo en 2016, los tráficos derivados de la Autopista del Mar crecieron un +18,8%, destacando, especialmente, las subidas registradas por los alimentos (+45,67%); los automóviles (+21,37%); los cereales y sus harinas (+71,43%); las frutas, hortalizas y legumbres (+8,06%); las maderas, duelas y traviesas (+18,98%); la maquinaria (+46,81%); los metales y sus manufacturas (+22,65%); otros materiales de construcción (+18,43%); papel y pasta (+6,27%); y las piezas auto (+52,04%). Crecieron también, en el acumulado del año, el número de equipamientos movidos (camiones y semirremolques), al registrar un +26,12% con respecto a 2015. Lo mismo sucede en el caso de los vehículos: hasta el mes de diciembre se movieron un total de 82.305 vehículos -en su mayoría de exportación-, frente a las 65.642 unidades de 2015, o lo que es lo mismo, un +25,38% más. En el caso de los contenedores ro-ro, anotaron una subida del +26,93% en el acumulado del año.

 

En lo que respecta a la escala de hoy, la primera de esta extensión al puerto magrebí, fue protagonizada por el buque “Galicia”, que, procedente de Saint Nazaire, zarpará por la tarde rumbo al marroquí de Tánger Med.

 

El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital aprueba la orden que regula la subasta de renovables

07.04.17. El Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital ha aprobado la orden ministerial que regula el procedimiento de asignación en la subasta de adjudicación del régimen retributivo específico de nuevas instalaciones de renovables.

La nueva subasta se celebrará en las próximas semanas y será tecnológicamente neutra, permitiendo competir en igualdad de condiciones a las distintas tecnologías renovables. La subasta se llevará a cabo mediante un mecanismo competitivo, de manera que resultarán adjudicadas aquellos proyectos que supongan un menor coste para el consumidor.

Se subastarán 2.000 MW de potencia renovable, pudiendo ampliarse en otros 1.000 MW adicionales, si el resultado de la subasta ofrece precios competitivos.

Para asegurar la ejecución de los proyectos, que tendrán que estar en funcionamiento antes de 2020, se ha establecido un sistema de garantías económicas que, conforme se vayan cumpliendo hitos en la ejecución de los proyectos, irán siendo devueltas progresivamente a los promotores.

Esta subasta representa un paso muy significativo para la consecución de los objetivos ambientales a 2020. España se encuentra actualmente por encima de la senda prevista para cumplir el objetivo del 20% de renovables en 2020, situándose además por delante de la mayoría de países de nuestro entorno (Holanda, Reino Unido, Alemania, Francia, etc.).

Nadal apoya el despliegue de infraestructuras como motor de la economía digital

* Los ministros del G20 apuestan por una digitalización que respete el libre flujo de datos, la protección y seguridad de la privacidad y la protección del consumidor en la economía digital

07.04.17. El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, ha insistido en la necesidad de impulsar el despliegue de las infraestructuras para las redes de nueva generación como paso clave para el acceso efectivo tanto de ciudadanos como de empresas a la economía digital.

Nadal, durante su intervención en la reunión de ministros digitales del G20 celebrada en Düsseldorf (Alemania), ha puesto de relevancia el trabajo que se está realizando en España para impulsar la transición digital en la producción de bienes y servicios a través del apoyo al emprendimiento y a la innovación, el acceso a la financiación y el desarrollo de las capacidades digitales del sector empresarial.

El ministro destacó la importancia de analizar las implicaciones que la transformación digital tiene en los derechos fundamentales de los ciudadanos. En este sentido, España ha dado un paso importante al poner en marcha el Grupo de Trabajo sobre Derechos Digitales.

Durante esta jornada de trabajo, en el marco de la presidencia alemana del G20, los ministros responsables de la digitalización suscribieron una declaración en la que reconocen el papel fundamental de la economía digital para acelerar el desarrollo económico, mejorar la productividad de la industria, promover nuevos mercados y alcanzar un crecimiento y desarrollo sostenibles.

El G20 aspira a que la digitalización global gire en torno a cuatro principios fundamentales como son el libre flujo de datos, la salvaguarda de la privacidad, la seguridad de los datos y la protección del consumidor en la economía digital.

Entre las prioridades de trabajo que han resultado de este encuentro y que servirán como hoja de ruta para las futuras presidencias de este foro global destacan: la adopción efectiva de las tecnologías digitales, la expansión de las infraestructuras digitales, la estandarización y fomento de la digitalización o el apoyo a emprendedores y micro pymes y la superación de la brecha digital de género.

A XUNTA DE GALICIA AMOSA O SEU APOIO AO POBO XITANO SUMÁNDOSE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DESTE COLECTIVO

  • O director xeral de Inclusi—n Social, Arturo Parrado, acompa–ado de membros da Fundaci—n Secretariado Xitano, participar‡ no acto conmemorativo do D’a Internacional do Pobo Xitano, no transcurso do cal se proceder‡ a dar lectura ‡ declaraci—n institucional.

    O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou nun acto conmemorativo coa Fundación Secretariado Gitano, no que se deu lectura á declaración institucional e se fixo entrega da bandeira xitana

  • A Administración autonómica traballa para eliminar barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva

 

Santiago, 7 de abril de 2017.- A Consellería de Política Social súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano realizado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado participou hoxe en San Caetano nun acto de conmemoración deste día no que a Fundación Secretariado Gitano lle entregou a bandeira xitana e posteriormente procedeuse á lectura da declaración institucional.

 

O titular autonómico destacou que nos últimos anos, producíronse avances significativos na situación da poboación xitana relativos ao incremento das taxas de permanencia na escola, á incorporación de mozos e mozas á ensinanza universitaria, ou a melloras nas condicións residenciais. Sen embargo, a poboación xitana segue a experimentar desvantaxes sociais, por elo a Xunta de Galicia traballa para eliminar estas barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva. “Desde os poderes públicos debemos contribuír a ese recoñecemento institucional e social a esta comunidade que ten historia e cultura propias, e que a pesar de estar asentada no noso país desde hai séculos, segue a ser a minoría étnica que maior discriminación social experimenta”, asegurou Parrado.

 

Co obxectivo de promover a plena participación social e económica deste colectivo, a administración autonómica está a desenvolver as medidas previstas na Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020. Dito documento recolle as recomendacións da Unión Europea, así como os principios básicos comúns para a inclusión da poboación xitana, adoptados pola Plataforma Europea para a Integración da Poboación Xitana; e a Estratexia Europa 2020 da Comisión Europea para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo.

 

Estes apoios e medidas comprenden accións para facilitar a permanencia nos estudos do alumnado xitano e a formación ao longo de toda a vida, o reforzo e o coidado da saúde e o acceso á vivenda normalizada.

 

Arturo Parrado finalizou a súa intervención lembrando a importancia da celebración deste tipo de actos e engadiu que “a valoración da diversidade e a consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva de todas as persoas, é un eixo fundamental da Xunta de Galicia, e o desigual nivel educativo ou económico, ou calquera outra diferenza, non pode ser motivo de discriminación”.

A XUNTA ABRE UN PROCESO DE PARTICIPACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA LEI DE XUVENTUDE DE GALICIA

  • Convida a técnicos e informadores xuvenís, escolas, monitores e directores de tempo libre, asociacións xuvenís e empresas de servizos dirixidos á mocidade a que se impliquen no proceso
  • O novo decreto regulará os servizos de información, a  formación, as actividades, as instalacións e os carnés de servizos en materia de xuventude

 

Santiago, 7 de abril de 2017.- A Consellería de Política Social está a traballar na elaboración dunha nova normativa en materia de xuventude para responder a moitas das necesidades e demandas que existen na actualidade neste ámbito. Así, o novo decreto desenvolverá os seguintes aspectos xa contemplados na Lei de Xuventude de Galicia: a información xuvenil, a formación da mocidade, as actividades dirixidas a este colectivo, as instalacións xuvenís e os carnés de servizos para a xuventude.

 

Así, e co obxectivo de coñecer e  contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos axentes implicados neste ámbito, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un proceso de participación que articula a través da organización de sesións de traballo con esta temática, un espazo web como canle de información, unha caixa de correos electrónicos específica e, para recoller as conclusións, o III Foro aberto do tempo libre.

 

A finalidade é que a normativa que resulte sexa froito da implicación activa da cidadanía interesada e do consenso. De feito, este proceso está aberto á participación da cidadanía en xeral, e en particular, a técnicos e informadores xuvenís, escolas de tempo libre, monitores e directores de tempo libre, asociacións e entidades que presten servizos á xuventude, titulares de instalacións xuvenís ou empresas que traballan no ámbito da xuventude.

 

Están fixadas cinco xuntanzas, catro terán lugar neste mes de abril e a outra en maio. A primeira delas celebrarase no Espazo Xove de Ourense o día 20 deste mes e na xornada seguinte –día 21- o Edificio Administrativo de Lugo acollerá a segunda. O Edificio Administrativo de Monelos na Coruña e o edificio Torre en Vigo serán o escenario da terceira e cuarta sesión os días 24 e 25 de abril, respectivamente. A última das reunións terá lugar na Escola Galega de Administración Pública en Santiago o vindeiro 2 de maio.

 

O horario común a todas as xuntanzas de traballo será o seguinte: formación e actividades xuvenís, de 16:30 A 18:30 horas; e instalacións xuvenís, de 18:30 a 20:00 horas. A parte de información xuvenil abordarase nun encontro específico para esta temática.

 

A inscrición nas distintas xornadas deberá facerse vía web, mediante o formulario dispoñible na páxina web de Xuventude, ata tres días antes da data sinalada para cada xuntanza.