A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS LAMENTA QUE OS INCUMPRIMENTOS DO ALCALDE ABOQUEN A VIGO A UN TRANSPORTE METROPOLITANO PEOR QUE O DO RESTO DAS ÁREAS

A Xunta e os municipios representados na comisión de seguimento do plan solicítanlle ao Concello de Vigo que comunique de forma oficial a súa postura sobre o o convenio co que se comprometeu a adherirse ao Transporte Metropolitano

 

  • Ethel Vázquez Mourelle salienta que a non incorporación de Vigo impide que os veciños disfruten de 400 euros máis de aforros anuais en transporte público
  • Cree negativo que ningún representante do Concello de Vigo atendese á convocatoria da comisión de seguimento e rexeitase así dar explicacións aos concellos cos que se comprometeu a entrar no Plan
  • Subliña que desde que o Goberno galego e 12 concellos da comarca puxeron en marcha o plan hai dous anos, téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes e hai 43.000 cidadáns con tarxeta de transporte metropolitano
  • Destaca que, ademais de subvencionar o Plan nun 80%, a Xunta financia integramente o programa ‘Xente Nova’ que permite que 8.300 mozos da área de Vigo viaxen gratis en transporte interubano

 

Vigo, 7 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou hoxe na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo, na que lamentou que os incumprimentos do alcalde aboquen a Vigo a un Plan de Transporte Metropolitano peor que o que funciona no resto das áreas de Galicia.  “Que o alcalde de Vigo incumpra o seu compromiso de incorporar o autobús urbano supón que os veciños desta área non poidan acceder aos transbordos gratuítos e aforrar 400 euros máis ao ano”, afirmou.

 

Ethel Vázquez cree tamén negativo que ningún representante do Concello de Vigo atendese á convocatoria da comisión de seguimento e rexeitase, dese xeito, dar explicacións, no foro que corresponde, aos concellos cos que se comprometeu a integrar o autobús urbano no Plan de Transporte Metropolitano.

 

Ante esta situación, a comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, na que están representados a Xunta e os municipios, acordou solicitarlle ao Concello de Vigo que comunique de forma oficial a súas intencións en relación co cumprimento do convenio que asinou e co que se comprometeu a adherirse á iniciativa social.

 

Vázquez Mourelle salientou que a Xunta seguirá apoiando o transporte público e intentando que Vigo se incorpore nas mesmas condicións que o resto de concellos para asegurar que os vigueses teñan un plan de transporte tan bo como o da Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo.

 

Ethel Vázquez lembrou que a Xunta e 12 concellos da comarca puxeron en marcha este plan hai agora dous anos e desde entón se subvencionaron máis de 5 millóns de billetes de autobús ou de barco e hai 43.000 cidadáns con tarxeta de Transporte Metropolitano.

 

Destaca que, ademais de subvencionar o Plan de Transporte Metropolitano nun 80%, a Xunta financia integramente o programa ‘Xente Nova’ que permite que xa sexan 8.300 mozos da área de Vigo viaxen gratis en transporte interubano.

 

A conselleira indicou que o pasado 6 de xullo o alcalde asinou o convenio para a incorporación do autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano, asumindo as súas normas de funcionamento, iguais en toda a comunidade, pero 9 meses despois, esa incorporación non se ten producido, a pesar de que a Xunta lle ten prestado toda a colaboración para realizar a adaptación tecnolóxica necesaria.

 

Salientou que recentemente, o alcalde fixo pública a súa renuncia a cumprir o compromiso adquirido coa Xunta e 12 concellos da comarca, pero ata o día de hoxe, o Goberno galego non tivo ningún tipo de comunicación oficial desa decisión.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: