A XUNTA DE GALICIA AMOSA O SEU APOIO AO POBO XITANO SUMÁNDOSE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DESTE COLECTIVO

  • O director xeral de Inclusi—n Social, Arturo Parrado, acompa–ado de membros da Fundaci—n Secretariado Xitano, participar‡ no acto conmemorativo do D’a Internacional do Pobo Xitano, no transcurso do cal se proceder‡ a dar lectura ‡ declaraci—n institucional.

    O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou nun acto conmemorativo coa Fundación Secretariado Gitano, no que se deu lectura á declaración institucional e se fixo entrega da bandeira xitana

  • A Administración autonómica traballa para eliminar barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva

 

Santiago, 7 de abril de 2017.- A Consellería de Política Social súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, unha data que lembra o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano realizado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado participou hoxe en San Caetano nun acto de conmemoración deste día no que a Fundación Secretariado Gitano lle entregou a bandeira xitana e posteriormente procedeuse á lectura da declaración institucional.

 

O titular autonómico destacou que nos últimos anos, producíronse avances significativos na situación da poboación xitana relativos ao incremento das taxas de permanencia na escola, á incorporación de mozos e mozas á ensinanza universitaria, ou a melloras nas condicións residenciais. Sen embargo, a poboación xitana segue a experimentar desvantaxes sociais, por elo a Xunta de Galicia traballa para eliminar estas barreiras e conseguir unha sociedade igualitaria e inclusiva. “Desde os poderes públicos debemos contribuír a ese recoñecemento institucional e social a esta comunidade que ten historia e cultura propias, e que a pesar de estar asentada no noso país desde hai séculos, segue a ser a minoría étnica que maior discriminación social experimenta”, asegurou Parrado.

 

Co obxectivo de promover a plena participación social e económica deste colectivo, a administración autonómica está a desenvolver as medidas previstas na Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana en Galicia 2014-2020. Dito documento recolle as recomendacións da Unión Europea, así como os principios básicos comúns para a inclusión da poboación xitana, adoptados pola Plataforma Europea para a Integración da Poboación Xitana; e a Estratexia Europa 2020 da Comisión Europea para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo.

 

Estes apoios e medidas comprenden accións para facilitar a permanencia nos estudos do alumnado xitano e a formación ao longo de toda a vida, o reforzo e o coidado da saúde e o acceso á vivenda normalizada.

 

Arturo Parrado finalizou a súa intervención lembrando a importancia da celebración deste tipo de actos e engadiu que “a valoración da diversidade e a consecución dunha igualdade de oportunidades efectiva de todas as persoas, é un eixo fundamental da Xunta de Galicia, e o desigual nivel educativo ou económico, ou calquera outra diferenza, non pode ser motivo de discriminación”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: