INAUGURADA A EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ EN MONDOÑEDO

Lugo, 06 de abril de 2017. O mércores 5 de abril ás 13:00 horas foi inaugurada no  Centro Comarcal da Mariña Central, en Mondoñedo, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Participaron no acto a Tenente de Alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez, o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, o Primeiro Tenente de Alcalde de Paradela, Martín López, o Presidente da Asociación Abrindo Camiño, Luís Fernández Ansedes, e Xulio Xiz e Antonio Giz en representación de GaliciaDigital.

Neste acto tamén se presentaron a reedición do folleto que recolle os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez.

A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega. A estas entidades únese agora o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, como novo copatrocinador
do proxecto.

Esta exposición itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e o ano pasado chegou a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa e as Universidades de Braga e Algarve, o que supón un fito moi importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e da nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está celebrando a XXII edición.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: