O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO CLAUSURA A V XORNADA DE NEGOCIOS DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS

Oia (Pontevedra), 06 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo clausurou hoxe a V Xornada de Negocios organizada pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) e que se celebrou esta mañá no Talaso Atlántico de Oia (Pontevedra). Na súa intervención, Ignacio López-Chaves, que estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente de Aemos, Manuel Castro, fixo fincapé na “seguridade” que aporta aos empresarios a única maioría absoluta dun goberno en España e chamou a aproveitar a “situación de estabilidade” para seguir xerando riqueza. A folla de ruta marcada dende o Goberno Galego é clara en prol de converter á Comunidade nun lugar atractivo e competitivo para os investimentos.

 

Neste senso, chamou a atención sobre algunhas das medidas activadas pola Xunta de Galicia. Entre elas, citou a Lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que permite ás empresas abrir o seu negocio sen necesidade de licenza previa de obras e actividade con carácter xeral, e a Lei de implantación empresarial da que a Xunta vén de implantar unha plataforma cidadá para recoller propostas para a súa elaboración, aproveitando as vantaxes que ofrece a Oficina Doing Business, e enmarcada no Plan de acción da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a captación de novos investimentos.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: