X Edicción da Carreira da Igualdade

280 ALUMNAS E ALUMNOS, PAIS, NAIS E PROFESORES DO IES PINO MANSO DISPUTARON ESTE VENRES A ‘X CARREIRA DA IGUALDADE’ SOBRE UN CIRCUITO URBANO DE 2,2 QUILÓMETROS

280 integrantes do IES Pino Manso  disputaron este venres a X edición da ‘Carreira da Igualdade’ organizada pola Departamento de Educación Física do centro, cunha importantísima vinculación nesta ocasión da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e a colaboración das concellerías de Educación e Seguridade, dirixidas por Lourdes Moure, Deportes, a cargo de Manuel Carrera, e Igualdade, á fronte da cal está Soledad Girón e que nesta edición ven de aportar as camisetas que levaban postas todas e todos os participantes.

Un ano máis preto de 300 alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do Pino Manso percorreron un circuíto urbano polas inmediacións do centro sobre unha distancia de 2,2 quilómetros coa finalidade de facer visible e lembrar que están a prol da igualdade e que rexeitan calquera tipo de discriminación por razón de sexo.

Coma indicou a concelleira de Educación, o feito de que toda a sociedade estea representada nesta proba, profesoras e profesores, alumnas e alumnos, nais e pais, responsábeis dos organismos institucionais, coma o Concello, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, “amosa que a sociedade xa decidiu a que a igualdade sexa o seu xeito de vida e que as oportunidades teñan que ver so coa capacidade e non con ningunha outra condición”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: