O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO INAUGURA EN O PORRIÑO A XXIX FEIRA APÍCOLA DE GALICIA-BEE HAPPY MARKET

  • Ignacio López-Chaves incidiu no incremento en case un 17% do orzamento das axudas para a apicultura. Medio Rural destina preto de 520.000 euros
  • Informou aos asistentes as xornadas técnicas sobre os pormenores do plan de control aplicado polo Goberno galego para combater a vespa velutina  

O Porriño (Pontevedra), 08 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurou hoxe a XXIX Feira Apícola de Galicia-Bee Happy Market na localidade pontevedresa de O Porriño onde tivo ocasión de coñecer de primeira man, acompañado polo presidente da Agrupación Apícola de Galicia, José María Seijo, e o alcalde pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, as novidades sobre o sector apicultor na Comunidade, cuxo produto alimenticio máis importante é o mel, amparado pola IXP Mel de Galicia.

 

Na súa intervención, López-Chaves incidiu no incremento en case un 17% do orzamento das axudas para a apicultura. As achegas da Consellería do Medio Rural ascenden a preto de 520.000 euros. Os posibles beneficiarios son os titulares de explotacións apícolas ou cooperativas dedicadas a esta actividade e están destinadas a fomentar a profesionalización do sector, mellorar os sistemas de produción e comercialización, así como a situación sanitaria das colmeas e ofrecer un produto de calidade aos consumidores.

 

O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo tivo oportunidade de informar aos asistentes as xornadas técnicas sobre os pormenores do plan de control aplicado pola Xunta para combater a vespa velutina, e que se centra en diversas actuacións, como a retirada de niños, as accións formativas, dotación de medios, divulgación e investigación.

   

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: