A XUNTA MELLORA A FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO CON NOVOS CURSOS EN CONTIXENCIAS MARÍTIMAS, RISCOS LABORAIS E MAIORES

  • O plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude inclúe accións de formación básica en proxectos e de especialización nos ámbitos ambiental, recuperación patrimonial, prevención da violencia de xénero e catástrofes e emerxencias
  • O vindeiro 3 de maio comezará un novo curso presencial de formación básica en proxectos de voluntariado destinado preferentemente a persoal técnico e persoas voluntarias de entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Administración autonómica
  • En 2016, máis de 1300 persoas finalizaron con éxito os cursos impulsados por Xuventude ao abeiro da Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018

 

Santiago, 10 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia consolida a oferta formativa en voluntariado con máis cursos de formación básica en proxectos e de especialización nas áreas ambiental, recuperación patrimonial e prevención da violencia de xénero, aos que ademais se incorporan como novidades temáticas tres novas accións formativas centradas en continxencias marítimas, riscos laborais e maiores. Así mesmo está previsto igualmente no ultimo trimestre do ano un curso de voluntariado en catástrofes e emerxencias.

 

Así, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza para o día 3 de maio outra nova edición do Curso de Formación Básica en Proxectos de Voluntariado, que ten carácter presencial e que se desenvolverá no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. A súa duración será de 20 horas e vai destinado preferentemente ao persoal técnico e as persoas voluntarias das entidades censadas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. A inscrición ábrese o vindeiro 17 de abril e farase a través da páxina web do Voluntariado Galego. O número de prazas está limitado a 25.

 

Este e os demais cursos formativos responden aos retos fixados na Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018. De feito o plan de formación pretende a mellora da xestión voluntaria, en termos de transparencia,, eficacia e eficiencia. Ao longo de 2016, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofertou na súa plataforma de formación en liña nove cursos aos que se engaden outros tres de carácter presencial.
O ano pasado, un total de 1320 persoas finalizaron con éxito a súa formación en voluntariado, conseguindo deste xeito unha mellora nas súas habilidades de carácter formal e non formal que lles vai permitir identificar as claves para recoñecer a labor do voluntariado e os beneficios para as entidades de acción voluntaria e persoas voluntaria. Ademais, estes cursos capacitan aos participantes para a elaboración e xestión de proxectos de voluntariado, tendo en conta tanto o contexto como as características das persoas ás que van dirixidos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: