LÓPEZ-CHAVES: “O TRANSPORTE METROPOLITANO NA ÁREA DE VIGO SEGUE FUNCIONANDO EN 12 CONCELLOS”

  • O delegado territorial da Xunta compareceu esta mañá en rolda de prensa para valorar o anuncio do alcalde de denunciar un convenio que “nunca cumpriu”
  • Destaca que dende a posta en marcha do plan téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes entre autobús e barco aos cidadáns da área
  • Máis de 13.000 vigueses dispoñen da tarxeta de transporte metropolitano

 

Vigo, 10 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu hoxe en rolda de prensa para valorar o anuncio do alcalde Abel Caballero de denunciar un convenio que “nunca chegou a cumpriu”. Trala ausencia do Concello vigués o pasado venres na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, o representante do Goberno galego nesta área territorial lamentou a cerrazón do rexidor a dar por válida unha iniciativa que funciona, pois segundo dixo “máis de 13.000 vigueses dispoñen de tarxeta de transporte metropolitano”.

 

Neste senso, indicou que “coa a súa actitude o alcalde prexudica seriamente aos vigueses, aos que impide e prohibe aforrar” ao negarse a incorporar Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que “segue funcionando en 12 concellos”. Dende a súa posta en marcha, detallou, téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes entre autobús e barco aos cidadáns da área. “O Plan está a funcionar con éxito e se constata que cada vez e maior a demanda dunha iniciativa que permite acadar descontos de ata 600 euros ao ano en desprazamentos cotiáns”, dixo.

 

“Non é de recibo que o alcalde impoña un transporte urbano máis caro ao incumprir o que firmou e, con isto, impida aos vigueses abaratar os seus desprazamentos”, indicou López-Chaves. “Xa o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o alcalde goberna Vigo coma se fose un cortijo, e os vigueses non somos súbditos de ninguén. Caballero non pode por capricho prexudicar aos cidadáns, que hoxe non se benefician das vantaxes do transporte metropolitano como noutras cidades”, insistiu. “Ao non estar Vigo no plan, os cidadáns non poden acceder aos transbordos gratuítos co autobús urbano e perden a oportunidade de aforrar 400 euros máis o ano”, remarcou o delegado territorial da Xunta en Vigo, ao tempo que invitou ao alcalde a mudar de actitude.

 

López-Chaves referiuse a “taxa Caballero” que grava aos veciños e que non pagan no resto de cidades galegas, e advertiu ao alcalde que “a Xunta seguirá defendendo un plan cuxo éxito é recoñecido”. “É unha cuestión de vontade política”, afirmou, para poñer como exemplo ao municipio de Mos que “en mes e medio fixo tódolos trámites necesarios para validar a tarxeta”. Para concluír, o representante do Goberno galego afeou ao alcalde que goberne “contra todos, contra a Xunta, Zona Franca, Universidade, Celta e o Consorcio Casco Vello (CCV); a área, o transporte, o hospital…”. “A quen prexudica Caballero é a cidade e os vigueses”, rematou.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: