Archivo | abril 11, 2017

MARCO: últimos días exposición MULLERES DO SILENCIO

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

Que se clausura este domingo 16 de abril nas salas da planta baixa

Ata o mes de xuño continúa aberta a colectiva ALÉN DOS XÉNEROS nas salas do 1º andar.

Este domingo 16 de abril coincidirá coa clausura no MARCO da exposición MULLERES DO SILENCIO. Os días do final das vacacións serán, pois, os últimos nos que o público poderá visitar esta mostra colectiva de produción propia, comisariada por Rosario Sarmiento.  Tamén, será a última ocasión para un percorrido conxunto das dúas exposicións —Mulleres do silencio na planta baixa, e Alén dos xéneros no 1º andar— que, centradas no protagonismo de artistas mulleres, ocupan actualmente as salas do MARCO.

MULLERES DO SILENCIO foi concibida como relectura actualizada da exposición A arte inexistente, que a propia Sarmiento comisariara para o Auditorio de Galicia en 1995, e que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Daquela, o binomio existencia/inexistencia formulábase en relación coa posibilidade de acceso a unha formación académica como vía de profesionalización, con Maruja Mallo e Julia Minguillón como as primeiras artistas en iniciar este camiño. Vinte anos máis tarde, cando a posibilidade dunha formación profesional representa un feito indiscutible, a realidade segue a ser complexa, e esta evolución non ten descorrido en paralelo coa presenza e visibilidade das mulleres no entretecido artístico.

Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

 

MULLERES DO SILENCIO

De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

Ata o 16 de abril de 2017

Salas de exposición da planta baixa

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Rosario Sarmiento

Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.

http://www.marcovigo.com/content/mulleres-do-silencio-de-maruja-mallo-angela-de-la-cruz

«Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» no Teatro Afundación Vigo

O Teatro Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá desde o vindeiro 20 de abril ata o 15 de xullo a mostra «Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» articulada con obras procedentes das coleccións de arte de Afundación, ABANCA e a Fundación Laxeiro. Un total de 39 pezas amosarán a proximidade entre as creacións de José Otero Abeledo, Laxeiro, e outros autores que, malia seren posteriores a el, comparten a idea de concibir a arte como un reflexo de pulsións internas máis ca na plasmación de realidades externas. Unha arte intensa, de paixóns e ilóxica que caracterizou a produción do Laxeiro máis informalista e que se atopa nas obras de Lamazares, Caxigueiro, Barbi ou Almudena Fernández, entre outros moitos artistas presentes nesta mostra.

LA AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO ESTRENA PÁGINA WEB

 

  • El usuario dispondrá de información actualizada de capturas de pesca, comercialización y precios de venta o datos de los buques que se encuentran atracados en el Puerto con su ubicación exacta, operativa o previsión de entrada.

 

 

Vigo, 11 de abril de 2017. 

 

El Presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique C. López Veiga, presentó esta mañana la nueva web de la institución que, tras un proceso de amplia renovación, podrá ser visitada desde hoy (www.apvigo.com).

 

Según explicó el máximo responsable portuario, esta nueva versión de la página web de la institución supone no solo una remodelación estética, sino también de contenidos, tecnologías e imagen, en una clara apuesta de servicio al usuario, que dispondrá de zonas privadas y exclusivas con datos inherentes a su actividad.

 

Entre las principales novedades de la nueva plataforma, el usuario podrá acceder a información real y transparente como, por ejemplo, las capturas de pesca, su comercialización diaria y precios de venta; los datos de los buques que se encuentran en el puerto con su ubicación exacta y operativa, o la previsión de entrada de los que, a corto plazo, arribarán a las dársenas olívicas.

 

En cuanto a otro tipo de datos que frecuentemente son consultados por clientes potenciales, como es el caso de los servicios marítimos regulares, se ha mejorado la información disponible con un sistema de búsqueda que permite, con sólo poner un puerto de escala, averiguar todas las líneas que lo incluyen en su itinerario, con los datos necesarios como naviera, tipo de operativa, frecuencia y contacto para conocer el coste del flete.

 

Esta nueva web está orientada a la versión de cliente más directo y cercano, como es el caso de las terminales, los agentes o los operadores portuarios y logísticos de Vigo y alrededores, que utilizan el Puerto de forma habitual, pero también a la armadora o el cargador o receptor de la mercancía.

 

Asimismo, se ha configurado como herramienta de promoción internacional del Puerto, con el objetivo de captar al cliente potencial, sin olvidar tampoco a otro tipo de destinatario más genérico que podrá conocer, por ejemplo, la temperatura real en las proximidades del centro de Vigo, el atractivo turístico de la ciudad, información de muchos de los archivos históricos del Puerto, así como contenidos audiovisuales relacionados con el entorno portuario.

 

Mayor accesibilidad y potencial de difusión

Se amplía también su accesibilidad y potencial de difusión, al estar los contenidos traducidos, en su mayor parte, al gallego, inglés y francés, generando, en sus 4 idiomas, más de 600 apartados diferentes, entre descargas de documentación y publicaciones.

 

La página también supondrá una mejora en la gestión interna del Puerto como empresa, con un portal específico y exclusivo para los trabajadores de la Autoridad Portuaria, que funcionará como una herramienta de comunicación y de gestión bidireccional entre empresa y trabajadores.

 

En su vertiente más técnica, la publicación de esta nueva web, que se ha diseñado y programado con las últimas tecnologías disponibles, supone un salto cualitativo, tanto técnico y funcional, como visual, en comparación con la página anterior.

 

Desde la perspectiva de las tecnologías de la información (TIC), la nueva web ha sido adaptada para su visualización a través de cualquier dispositivo móvil, posibilitando una navegación accesible, sencilla y funcional. Además, su integración con las aplicaciones corporativas y la plataforma SMART (SmartViPort) de la Autoridad Portuaria de Vigo, permite la publicación de datos en tiempo real, así como la visualización de los mismos a través de interacciones con plataformas propias de gestión.

 

GALICIA CONTINÚA ENTRE AS REXIÓNS MÁIS ACTIVAS EN PROXECTOS E PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ERASMUS+:XUVENTUDE EN ACCIÓN

  • Na primeira quenda de 2017 foron aprobados na Comunidade autónoma 21 proxectos promovidos por concellos, grupos informais de mozos e mozas e asociacións xuvenís, cun orzamento superior aos 340.000 euros
  • Erasmus + é unha iniciativa europea que ten como finalidade o fomento da mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural, así como o apoio da empregabilidade e inclusión da mocidade

 

Santiago, 11 de abril de 2017.- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado informa de que na primeira quenda de 2017 do programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción aprobáronse en Galicia 21 proxectos promovidos por concellos, grupos informais de mozos e mozas e asociacións xuvenís, cun orzamento de 340.351 euros. Estes datos de participación, manteñen á Comunidade autónoma no grupo de rexións máis activas no número de iniciativas aprobadas, nos fondos recibidos da Unión Europea e na participación en accións de mobilidade e aprendizaxe non formal.

 

Neste sentido, cómpre lembrar que no ano 2016 no marco deste programa europeo foron aprobados un total de 42 proxectos nos que participaron ao redor de 1410 mozos e mozas, e que contaron cun orzamento de 729.914 euros. Erasmus+, programa da Unión Europea (UE) que abrangue os ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte, está en vigor dende o ano 2014 e se prolongará ata 2020. Os seus obxectivos son o fomento da mobilidade dentro e fora dos límites da UE, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoiar a empregabilidade e a inclusión da mocidade, con independencia do contexto social, educativo ou cultural á que pertenza.

 

En concreto, o capítulo de Xuventude brinda apoio para que mozos e mozas adquiran habilidades esenciais para o seu desenvolvemento persoal e profesional mediante a educación non formal e informal e potencia o papel dos traballadores e das organizacións favorecendo a mobilidade e cooperación no ámbito da xuventude. Así, o programa Erasmus+: Xuventude en Acción estrutúrase en tres acción clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe, cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, e apoio ás reformas das políticas.

 

No que atinxe a acción clave 1, esta diferenza dúas modalidades: a mobilidade de mozos e mozas a través de proxectos de intercambios xuvenís e Servizo Voluntariado Europeo, e a mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude a través de proxectos de formación e intercambios de boas prácticas. Nesta primeira quenda do 2017 neste apartado foron aprobados en Galicia 19 proxectos: trece de Servizo Voluntario Europeo, tres de intercambios xuvenís e outro máis de accións combinadas, e dous proxectos de mobilidade das persoas que traballan no eido da xuventude

 

Asemade, a acción clave 2; cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas, financia iniciativas de asociacións estratéxicas no ámbito da educación, a formación e a xuventude. Esta acción conta polo de agora cunha proposta aprobada presentada por un concello galego.

 

E, por último, a terceira acción clave do programa, que se centra no apoio ás reformas das políticas, fomento do diálogo estruturado entre mozos e mozas e responsables da toma de decisións no ámbito da xuventude, presenta neste inicio de ano un proxecto aprobado en Galicia.

 

Os prazos de presentación de proxectos da segunda e terceira quenda do 2017 nas tres accións son o 26 de abril e o 4 de outubro. Non obstante, na acción clave 2 os proxectos de apoio á innovación so se poderán presentar na quenda do 26 de abril. Asemade, para os proxectos centralizados, os cales se deben presentar ante a Axencia Executiva do programa Erasmus+:Xuventude en Acción (Bruxelas), enmarcados na acción clave 2, a seguinte quenda de presentación remata o 1 de xullo, mentres que para eventos a gran escola de Servizo Voluntariado Europeo o prazo finaliza o 1 de abril.

 

O programa europeo Erasmus+ ten entre os seus obxectivos específicos mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo, a cidadanía activa, o diálogo intercultural, a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; así como potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas.

 

A  Comisión Europea recoñece a experiencia e coñecementos adquiridos a través da educación non formal durante o desenvolvemento dos proxectos financiados por Erasmus+: Xuventude en Acción, mediante o certificado Youthpass.

 

Así mesmo, ao abeiro da Orde da do 26 de febreiro de 2015, da participación no programa Eramus+:Xuventude en Acción se deriva o dereito á expedición do certificado de educación non formal en materia de xuventude, certificado a través do que se lle da visibilidade á aprendizaxe non formal adquirida e se validan as competencias asumidas, contribuíndo así á mellora das posibilidades de emprego da mocidade galega.

 

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como parte integrante do Axenda Nacional Española do programa Erasmus+, leva a cabo funcións de información, asesoramento, avaliación e seguimento de todos os proxectos presentados no marco desta iniciativa en Galicia.

 

A XUNTA APOIARÁ A PRETO DE 200 PERSOAS CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DAS AXUDAS PARA ASISTENCIA E PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a convocatoria destas axudas para 2017

 

 

  • A orde, financiada nun 80% con fondos europeos, está dotada cun orzamento inicial de máis de 220.000 euros, que se poderá ampliar no caso de que sexa necesario
  • O prazo para a presentación de solicitudes de axuda é de un mes a partir de mañá

 

Santiago, 11 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde para as axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. A administración autonómica dotou a esta orde, financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo, dun crédito inicial de 221.126,38 euros destinado a atender as solicitudes que se presenten e que está aberto a ampliación no caso de que sexa necesario. A administración autonómica prevé beneficiar con esta convocatoria de axudas a máis de 170 persoas.

 

Deste xeito e a través desta orde as persoas beneficiarias poderán acceder a servizos de promoción da autonomía persoal tales como fisioterapia, formación prelaboral (habilidades básicas e polivalentes para o emprego), atención psicolóxica, logopedia, entre outros, así como servizos complementarios de asistencia persoal.

 

Poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 10 de decembro de 2017 e poderán ser beneficiarias desta orde as persoas que teñan recoñecida un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo, considerarase que cumpren con este requirimento os pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez; e os pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

 

Tamén poderán optar a solicitar as axudas reguladas nesta convocatoria as persoas que solicitasen o recoñecemento do grao de discapacidade con anterioridade á data de publicación desta convocatoria, quedando condicionada a percepción da axuda a que lles sexa recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. En canto ás persoas solicitantes de servizos complementarios de asistencia persoal serán necesario ademais que estas teñan recoñecida a prestación de asistencia persoal (PIA) a través do sistema para a autonomía e atención á dependencia (SAAD).

 

Prazos

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel, no rexistro do concello ao que correspondan os servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

 

O prazo para a súa presentación será de un mes, contado a partir da xornada de mañá.