MARCO: últimos días exposición MULLERES DO SILENCIO

MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

Que se clausura este domingo 16 de abril nas salas da planta baixa

Ata o mes de xuño continúa aberta a colectiva ALÉN DOS XÉNEROS nas salas do 1º andar.

Este domingo 16 de abril coincidirá coa clausura no MARCO da exposición MULLERES DO SILENCIO. Os días do final das vacacións serán, pois, os últimos nos que o público poderá visitar esta mostra colectiva de produción propia, comisariada por Rosario Sarmiento.  Tamén, será a última ocasión para un percorrido conxunto das dúas exposicións —Mulleres do silencio na planta baixa, e Alén dos xéneros no 1º andar— que, centradas no protagonismo de artistas mulleres, ocupan actualmente as salas do MARCO.

MULLERES DO SILENCIO foi concibida como relectura actualizada da exposición A arte inexistente, que a propia Sarmiento comisariara para o Auditorio de Galicia en 1995, e que reunía obras de artistas mulleres en Galicia no século XX. Daquela, o binomio existencia/inexistencia formulábase en relación coa posibilidade de acceso a unha formación académica como vía de profesionalización, con Maruja Mallo e Julia Minguillón como as primeiras artistas en iniciar este camiño. Vinte anos máis tarde, cando a posibilidade dunha formación profesional representa un feito indiscutible, a realidade segue a ser complexa, e esta evolución non ten descorrido en paralelo coa presenza e visibilidade das mulleres no entretecido artístico.

Dende a perspectiva do tempo transcorrido, situámonos no espazo histórico-temporal das primeiras décadas do século XXI, o que permite visualizar relatos, protagonismos e visións máis amplas sobre as achegas e o papel dalgunhas artistas na historia da creación plástica da Galicia contemporánea. A exposición percorre diferentes xeracións de artistas ata chegar a aquelas creadoras que acceden por primeira vez en Galicia a unha formación académica, tras a creación da Facultade de Belas Artes de Pontevedra en 1990.

 

MULLERES DO SILENCIO

De Maruja Mallo a Angela de la Cruz

Ata o 16 de abril de 2017

Salas de exposición da planta baixa

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Rosario Sarmiento

Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Mª Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, Mª Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Dolores Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal.

http://www.marcovigo.com/content/mulleres-do-silencio-de-maruja-mallo-angela-de-la-cruz

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: