A ALCALDESA COMPROMÉTESE COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CANS A ACOMETER XA DISTINTAS MELLORAS NA PARROQUIA E PRESENTOULLES UNHA IDEA QUE QUERE DESENVOLVER O CONCELLO PARA CUBRIR O TORREIRO E HUMANIZAR A CONTORNA

A alcaldesa, acompañada da concelelira de Emprego e Igualdade mantivo este martes unha xuntanza con membros da Asociación de Veciños de Cans para coñecer ás súas necesidades e transmitirlles o seu compromiso persoal e do do Goberno local para acometer as melloras que precisa a parroquia.

Eva García de la Torre presentoulles unha idea para cubrir o Torreiro, de xeito que poida usarse durante moitos máis días ao ano, unha obra que é posible acometer en pouco tempo. Ademais, sinalou que no marco dese traballo se adiantará en conquerir un entorno máis habitábel e se rematarán as accións de saneamento que precisa Cans.

Os representantes da Asociación de Veciños expuxéronlle a rexedora unha lista de necesidades, parte das cales abordará xa o Concello, coma o arranxo das ‘marquesiñas’ e a colocación dunha nova na zona da gasolineira- para o transporte escolar-; achegar a rede wi-fi, formar ás persoas máis vellas nas novas tecnoloxías- o Goberno local disporá a realización dun curso destinado a exclusivamente a elas- e a humanización de parte da parroquia.

Así mesmo, os veciños amosaron á alcaldesa a súa satisfacción pola mellora da limpeza e, especialmente, polo remate do rozado de camiños e pistas, que era unha reclamación que se lle fixera ao Concello.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: