A XUNTA REFORZA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS E FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS

O conselleiro de Política Social reuniuse esta mañá con responsables da entidade AFAL Ferrolterra na sede da delegación territorial autonómica

  • O responsable da área social do Goberno galego salientou a importancia de concienciar á sociedade en xeral sobre esta doenza

 

Ferrol, 12 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá na sede da delegación territorial da Xunta de Galicia unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca (AFAL Ferrolterra). Este encontro foi unha nova posta ao día sobre a situación dos servizos e programas que ten en marcha esta entidade, e tamén serviu para avaliar as liñas de colaboración que a Administración autonómica ten coa mesma.

 

Despois da xuntanza, o titular de Política Social reiterou a firme vontade do Goberno galego de garantir os dereitos e a atención das persoas en situación de dependencia. En  concreto, no caso dos afectados pola doenza do alzhéimer indicou que un dos obxectivos desta lexislatura é continuar co despregamento de servizos de atención terapéutica especializada coa finalidade de prestar unha atención temperá ante os primeiros síntomas de manifestación da devandita enfermidade.

 

Así mesmo, Rey Varela asegurou o compromiso da Xunta de seguir apostando pola sensibilización, a prevención e a formación fronte o alzhéimer; ao tempo que encomiou “o apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares que dende fai anos leva a cabo AFAL Ferrolterra”.

 

Por último, o conselleiro manifestou que o Executivo autonómico e AFAL “comparten o desafío de mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, en especial daquelas persoas que se atopan nunha situación de dependencia”, polo que avogou por afondar na colaboración coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida con plena autonomía.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: