Loita contra Vespa Velutina

A Concellería de Medio Ambiente segue adiante coa “loita activa” contra a Vespa Velutina, “realizando unha campaña moi polo miúdo que ten coma obxectivo o trampeo das raíñas e un seguimento constante do número delas atrapadas”, indica o concelleiro Marcelino Coto.

Precisamente este mércores, especialistas de Adoa, a empresa contratada polo Concello para que colocase as 200 trampas que están situadas en todas as parroquias do Porriño, procedían a renovar as mesmas, “un proceso que se fai cada 15 días”.

Coto subliña que estes ‘cepos’ están dotados cun atraínte de nova xeración “específico para insectos desta especie e que ten coma principal obxectivo captura das raíñas fundadoras dos niños xusto neste intre, coincidindo co inicio da primavera,no que é máis prolífica”.

O concelleiro amósase especialmente agradecido á Asociación de Apicultores que, coincidindo coa celebración da Feira Apícola das Rías Baixas no Porriño, felicitou á Concellería de Medio Ambiente polo seu esforzo na loita contra esta especie invasora e puxo á mesma coma un exemplo.

“Este traballo-sinala Marceino Coto- responde a unha sensibilidade histórica deste concello co  mundo apícola, que ten coma exemplo a Feira que se organiza na vila dende hai preto de 30 anos, e co interese de dar unha resposta rápida e organizada a un problema que afecta a todas as veciñas e veciños do Porriño”.

Coto subliña que o Concello seguirá asumindo o custo da loita contra a Vespa velutina e que ao final da campaña se analizarán os resultados  para medir a súa efectividade e decidir que outras medidas haberá que poñer en marcha.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: