Xornada 18 abril_Día dos Monumentos

A Sección de Historia da Arte do CDLG secunda a iniciativa de
Aproha, organizando a “Xornada reivindicativa da Historia da
Arte” en Galicia A xornada, respaldada polo ICOMOS, terá lugar o vindeiro 18 de Abril e pretende concienciar á cidadanía sobre a importancia da salvagarda e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico, visibilizando a necesidade de regular e profesionalizar as actividades relacionadas coa súa protección e divulgación.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017.- Co gallo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios promovido polo ICOMOS, a Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha) impulsou a realización dunha xornada reivindicativa dos e das profesionais da Historia da Arte, agrupando a un numeroso colectivo
de historiadores e historiadoras da arte de toda España, que conta co respaldo do citado organismo internacional. A Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG) en
colaboración co Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) secundan a convocatoria e acollen o evento en Galicia.

O colectivo profesional da Historia da Arte quere dar a coñecer á sociedade a preocupante situación que presenta a salvagarde e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico no noso país, no que atinxe á súa inadecuada regulación e á inexistencia de controis sobre a calidade e
profesionalización das actividades realizadas en torno aos bens culturais que o conforman, caracterizadas polo intrusismo profesional, a explotación laboral ou a banalización dos contidos difundidos.

Nesta ocasión, dado que o Día Internacional dos Monumentos e Sitios adícase este ano ao Patrimonio Cultural e o Turismo Sostible, a convocatoria de Aproha incide particularmente na necesidade de regular e profesionalizar as actividades en torno ás visitas culturais e turísticas, a través da participación daqueles profesionais competentes no coñecemento, estudo e valoración dos bens culturais que forman parte das mesmas, destacando o caso dos Historiadores da Arte.

A Sehag desexa sinalar que a situación en Galicia é especialmente preocupante porque non existe ningunha normativa que regule a actividade dos historiadores da arte e a súa relación
cos bens culturais obxecto de estudo, como sucede con profesionais de sectores afíns coma a arqueoloxía ou o turismo. A Lei 5/2016 de patrimonio cultural de Galicia -para a cal a Sehag presentou varias alegacións que non se tiveron en consideración- pasou por alto estas
cuestións e o Decreto 73/2015 polo que se regula a profesión de guía de turismo en Galicia excluía aos profesionais da historia da arte da posibilidade de acadar a habilitación, o que supón un agravio comparativo a nivel nacional dado que noutras comunidades autónomas
coma Andalucía, cando menos, existe a opción da validación administrativa directa.
A xornada ven precedida da campaña”Autoexplícate un Monumento” nas redes sociais cos cancelos #sonhistoriadordaarte #soyhistoriadordelarte. Mediante a mesma, Aproha e Sehag convidan a realizar “selfies” ou vídeos cun cartel reivindicativo
diante dun monumento. Os carteis, tanto para historiadores/as como para persoas queiran apoiar a convocatoria, poden ser descargados na páxina web do CDLG.

Data e hora: Martes, 18 de abril de 2017 – 12 h.
Lugar: Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela
Organiza: Sehag e Departamento de Historia da Arte da USC

Programación da Xornada reivindicativa da Historia da Arte
no Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos.
GALICIA, 18 de abril de 2017
1. Concentración diante dos Monumentos ás 11 h.:
En paralelo a outras ciudades españolas, a concentración oficial
en Galicia terá lugar na Facultade de Xeografía, Historia e
Historia da Arte da USC en Santiago de Compostela, grazas á
colaboración do Departamento de Historia da Arte da USC.
O lema da xornada será “Son Historiador del Arte e non me
permiten explicarche os Monumentos”.
Un profesor do departamento fará unha visita guiada aberta e de
balde ao Paraninfo da USC en Santiago de Compostela para
calquera persoa que desexe asistir.

2. Lectura do manifesto de Aproha ás 12 h.:
De xeito simultáneo a todas as cidades obxecto da concentración,
procederase á lectura dun manifesto en defensa da
profesionalización da Historia da Arte redactado por Aproha para
que a reivindicación sexa uniforme en toda España. A lectura do
manifesto en Galicia terá lugar no Paraninfo da Facultade de
Xeografía, Historia e Historia da Arte da USC.

3. Visitas culturais entre as 12:15 e as 13:30:
Unha vez rematada a lectura do manifesto, historiadores e
historiadoras da arte farán visitas culturais abertas e de balde a
diversos edificios composteláns para concienciar á sociedade
sobre a importancia da visita pública como medio de protección
e conservación do Patrimonio Histórico-Artístico.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: