A XUNTA CLAUSURA O OOEE VIGO CAPACITA III QUE OFRECEU FORMACIÓN E TRABALLO A 20 PERSOAS DESEMPREGADAS

  • Este programa mixto de formación e emprego enfocouse a operacións básicas de  cociña, restaurante e bar  
  • O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, comprobou hoxe o resultado dos traballos feitos
  • Os 20 alumnos e alumnas traballaron na elaboración de menús, pratos de degustación e na difusión de receitas nas redes sociais

 

Vigo, 17 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá no Centro Cultural de Valladares o obradoiro de emprego Vigo Capacita III, no que se ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas durante os últimos 6 meses.   

 

Este programa mixto de formación e emprego se centrou en operacións básicas de cociña, restaurante e bar que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

 

No caso concreto de Vigo, o obradoiro formou a 20 alumnos e alumnas que traballaron na elaboración dos menús dos Almorzos saudables, aperitivos, pratos de degustación para as Xornadas de Portas Abertas, no servizo de menús para o comedor social La Sal de la Tierra e na difusión de receitas nas redes sociais durante os últimos 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao concelleiro vigués de Emprego, Santos Héctor, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por un director, unha titora, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade que forma parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

A convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: