Información familia en risco de exclusión social en Vigo
En relación á familia en risco de desafiuzamento en Vigo:
Hai varios días a Xunta de Galicia tivo coñecemento indirecto da situación desta familia, a través do colectivo ‘Os Ninguéns’ e, tras unha primeira análise do caso, recomendou a solicitude do Bono de Alugueiro Social, como solución máis acaída para o caso.
O Bono de Alugueiro Social consiste nunha achega mensual de 200 euros máis unha axuda adicional de 600 euros, que as familias en risco de desafiuzamento poden destinar a pagar débedas atrasadas ou a formalizar o contrato de alugamento dunha nova vivenda.
Non obstante, ante as noticias aparecidas hoxe en prensa sobre a persistencia do problema desta familia, o Servizo Provincial da Consellería de Vivenda en Pontevedra contactou esta mañá co colectivo ‘Os Ninguéns’, para reiterar o ofrecemento desta axuda que a familia non ten solicitado ata o de agora.
O colectivo ‘Os Ninguéns’ comprometeuse a facerlle chegar a información á familia e a prestarlle apoio.