Preséntase en Vigo a biografía de Carlos Casares Hoxe 17 de abril.

Henrique Monteagudo presentará mañá Carlos Casares. Un contador de historias, a primeira biografía do escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2017. O acto terá lugar na Casa do Libro ás 20:00h e acompañan ao autor Xesús Alonso Montero e Francisco Castro.

Para conmemorar o Día das Letras Galega de 2017, dedicado a Carlos Casares, a Editorial Galaxia publica a primeira biografía do escritor, na que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra. O profesor da Universidade de Santigo de Compostela e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, asina Carlos Casares. Un contador de historias, libro no que vida e obra se iluminan mutuamente poñendo ao dispor dos lectores tanto os aspectos literarios coma os humanos da traxctoria do autor homenaxeado. Deste xeito, esta biografía que a un tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra, convértese nunha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura máis recente, como a cultura e sociedade galega do tempo de Casares.
Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002) foi membro da Real Academia Galega, presidente do Consello da Cultura Galega, presidente do PEN Clube de Galicia e director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Ao seu primeiro libro Vento ferido (1967), seguiron as novelas Cambio en tres (1969) e Ilustrísima (1981), e entre os numerosos premios que recibiu pola súa obra, cómpre salientar o Premio Galaxia no ano 1976 pola novela Xoguetes para un tempo prohibido e o Premio da Crítica Galega polo libro de relatos Os escuros soños de Clío (1982). En 1987 publicouse Os mortos daquel verán e posteriormente as novelasDeus sentado nun sillón azul e O sol do verán, esta última de xeito póstumo.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: