Archive | abril 18, 2017

Álvaro Nadal y el alcalde de Ourense ponen en marcha la colaboración para la promoción de la energía geotérmica

* El ministro de Energía, Turismo y Agenda Digital, Álvaro Nadal, y el alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, firmarán mañana el documento que permitirá la colaboración entre las dos instituciones para la difusión y promoción de la energía geotérmica

18.04.17. El acuerdo llega tras varias reuniones del alcalde con responsables del Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) donde se han estudiado las posibilidades de desarrollo de la energía geotérmica en la ciudad como fuente de energía renovable. La idea es comenzar a explotar las aguas termales que fluyen bajo Ourense para generar calefacción, aire acondicionado e incluso producción eléctrica.

El alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ha mantenido ya diversas reuniones con responsables del Ministerio para avanzar, a través de la colaboración institucional, en el desarrollo de la geotermia en Ourense, con el fin de dotar a esta ciudad de una mayor sostenibilidad y avanzar así en estrategias para optimizar la eficiencia energética y la búsqueda de financiación para nuevos proyectos.

El Ayuntamiento de Ourense quiere implementar un Plan de Acción Local Energético con medidas y compromisos en materia de sostenibilidad energética y mitigación del cambio climático, apoyado en la geotermia.

Día: miércoles 19 de abril

Hora: 11:00h. El ministro firma en el libro de Oro del

Ayuntamiento de Ourense (Solo gráficos)

11:05h. Firma del acuerdo de colaboración (Solo

gráficos)

(Al finalizar el acto el ministro atenderá a los medios asistentes) 11:30. Encuentro del ministro con los grupos parlamentarios en el Ayuntamiento de Ourense (Solo gráficos)

Lugar: Ayuntamiento de Ourense

Plaza Mayor, 1

‘HAVANA CLUB 7. LA NOCHE EN UNA IMAGEN’ INAUGURA EXPOSICIÓN ¡TE ESPERAMOS!

Jueves 20 de abril 19h30

Este jueves 20 de abril a las 19.30 se inaugura la exposición ‘Havana Club 7. La noche en una imagen’. Una muestra que pone fin a un concurso que durante 5 meses ha recibido más de 1000 fotografías participantes, ha realizado dos Safaris Fotográficos con profesionales del sector y ha pasado por dos selecciones exhaustivas del jurado.

Durante la inauguración tendrá lugar la ceremonia de entrega de premios al ganador y los dos finalistas del concurso: Borja Sandoval, Vera Martín y Luis Hidalgo. La entrada al evento es libre hasta completar aforo y tendrá lugar el día 20 de abril a las 19.30 horas en la galería de La Fábrica: C/ Alameda 9, Madrid. Más info aquí.

¡Te esperamos con una copa de Havana Club 7! ¡Anótalo en tu agenda!

Continúa o ciclo Cine e Lingua coa emotiva historia de You´re ugly too

Vigo, 18 de abril de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo prosegue mañá coa película You´re ugly too protagonizada por Aidan Gillen, George Pistereanu e Lauren Kinsella. Trátase da opera prima do escritor e director irlandés Mark Noonan que asina esta historia emotiva sobre a patenidade e as relacións na familia. Conta a vida de Will (Aidan Gillen, Juego de Tronos), cando recibe a liberdade condicional tras a morte dun familiar e ter que por isto facerse cargo e coidar da súa sobriña Stacey (Lauren Kinsella), que quedara orfa. Mentres se dirixen ao centro de Irlanda e tentan ser unha familia, atópanse cunha serie de obstáculos. Entre eles a pouca capacidade de Will de facerse pai dunha preadolescente ou a repentina narcolepsia de Stacey que a deixa fóra da escola local. A longametraxe, estreada en 2015, presentouse na sección Generation na Berlinale dese ano.

 

A película poderase gozarse en versión orixinal con subtítulos en castelán. Presentarana e moderará o coloquio posterior, Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.

You´re ugly too

Mark Noonan, 2015

Data:    Mércores, 19 de abril

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

               

 

Celebración do Día do Libro e das Letras Galegas na planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro

Mañá mércores ás 18.00h a Editorial Galaxia e a Asociación Espazo Lector celebrará unha sesión no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Coa obra A galiña azul de Carlos Casares pretendemos achegarlle aos pequenos a fantasía do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas. Tamén estará o mago Cali para compaxinar lectura e maxia.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e, por esta razón, este mércores queremos festexar a maxia dos libros. A Editorial Galaxia e a Asociación Espazo Lector celebra con este fin unha sesión mañá mércores ás 18.00h na planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para que tamén eles desfruten da lectura, da fantasía, da maxia dos libros e da maxia de Cali, o mago que fará as delicias dos pequenos. Este ano ademais o Día das Letras Galegas está dedicado a Carlos Casares, que sempre tivo moi presente a importancia da infancia e escribiu algunha das obras máis coñecidas da literatura infantil galega. Por esta razón, A galiña azul é o conto escollido para lerlles, para interpretalo. Casares publicouno en 1968 e con el quería transmitir a importancia da diferencia, o valor da liberdade, de ser distintos. A Editorial Galaxia agasallará a cada neno o conto para que despois da sesión o poidan ler con vagar. O Hospital Álvaro Cunqueiro, a Asociación Espazo Lector e a Editorial Galaxia únense para que a maxia dos libros chegue a todos os nenos e nenas.

Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002) é un dos máis grandes narradores galegos. Autor dunha extensa obra para adultos (na que destacan libros como Vento ferido,IlustrísimaDeus sentado nun sillón azul ou O sol do verán), tamén foi un dos pioneiros da literatura infantil en galego. Preocupado porque as nenas e os nenos galegos puidesen ler na súa lingua, traduciu obras tan destacadas como O principiño, e soñou el mesmo a literatura infantil e xuvenil do futuro en libros como A galiña azulAs laranxas máis laranxas de todas as laranxasO can Rin e o lobo Crispín ou a serie protagonizada polo neno inventor Toribio, todos eles reeditados pola Editorial Galaxia co gallo da celebración do día das Letras Galegas.

A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS COLABORARÁ CO CONCELLO DE CRECENTE MEDIANTE UNHA ACHEGA DE MÁIS DE 100.000 EUROS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE CONTENCIÓN E REPARACIÓN EN FREIXO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Crecente, Julio César García- Luengo, asinaron hoxe un convenio de colaboración

 

  • A Xunta financiará deste xeito os traballos de execución de muros, reparación de noiros e canalizacións nesa parroquia
  • Os traballos teñen como obxecto a reconstrución dos muros de sostemento no acceso norte ao Freixo e na vía cara Virxe do Camiño
  • Tamén se levarán a cabo reparacións do noiro no acceso ao cemiterio do Freixo e rehabilitacións do firme da vía de entrada a este núcleo
  • Estas actuacións mellorarán a seguridade nesta parroquia de Crecente, xa que na actualidade os muros atópanse en mal estado, e facilitarán a mobilidade dos seus veciños

 

Santiago, 18 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García- Luengo, para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo.

 

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas financiará estas actuacións coa achega dun investimento de máis de 106.000 euros.

 

Os traballos teñen como obxectivo a reconstrución dos muros de sostemento no acceso norte ao Freixo e na vía cara Virxe do Camiño. Tamén se levarán a cabo reparacións do noiro no acceso ao cemiterio do Freixo e arranxos no firme da vía de entrada a este núcleo.

 

Estas actuacións mellorarán a seguridade nesta parroquia de Crecente, xa que na actualidade os muros atópanse en mal estado e en risco de caer. Coa realización destas obras, facilitaranse as condicións de accesibilidade, así como a mobilidade dos veciños deste núcleo.

 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Ex persoal de GEA volve reclamarlle á inmobiliaria de Fernández Somoza que pague os 2.5 millóns de euros que lles debe

A demanda civil que o colectivo de traballadoras/es presentou contra a empresa resolverase nos xulgados da Coruña

A Coruña, a 18 de abril de 2017

Ex traballadoras e ex traballadores do Grupo de Empresas Álvarez (Pontesa, Santa Clara e Royal China) concentráronse este martes ás portas dos xulgados da Coruña para esixirlle a Inversiones Subel (propiedade do empresario Luis Fernández Somoza) que pague dunha vez a débeda económica que ten pendente de abonar, en cumprimento do acordado pola venda de parte dos terreos que a antiga fábrica de louzas ocupaba en Vigo.

As ex traballadoras/es manteñen o pulso mobilizador dun conflito que se prolonga dende hai 16 anos, mais desta volta regresaron á Coruña xa que será nos xulgados da rúa Monforte onde se dirima a demanda civil que o colectivo ten presentado contra Inversiones Subel. Aínda que inicialmente foi presentada en Vigo, o xuíz da sala 10 entendeu que ao estar a sede social da empresa na Coruña, debe ser nesta cidade onde se resolva o proceso xudicial. Deste xeito, estase agora á espera de que sexa asignado o xulgado correspondente.

«A Somoza interésalle seguir dilatando o conflito»

O Secretario Comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, que acompañou hoxe ao persoal durante a protesta, lembrou que o colectivo ten intentando por todas as vías resolver o conflito con Inversiones Subel e mesmo se chegou a solicitar unha mediación a través do AGA do Consello Galego de Relacións Laborais, que o empresario rexeitou. «A Somoza interésalle seguir dilatando este conflito xa que mentres non se resolva, os cartos permanecen na súa man. Inversiones Subel e Somoza son o capital e son quen teñen os cartos, pero nós temos dignidade e por iso volveremos á rúa todas cantas veces sexa necesario», aseverou.

Conde explicou que, no seu momento, Inversiones Subel fixo un depósito de 3 millóns de euros no xulgado, aínda que despois retirou os cartos, mais pretende facer constar que abonara ese importe ao colectivo de afectados/as pola quebra de GEA. «Pero Somoza sabe perfectamente que retirou eses cartos e que ten pendente de pagar arredor 2.5 millóns de euros. Non lle pedimos o que non é noso, só lle esiximos que nos pague os cartos que nos corresponden -e temos o documento conforme quitou ese diñeiro do xulgado-«, destaca o sindicalista.

Máis dunha década dende a adquisición dos terreos

Inversiones Subel adquiriu, hai xa máis de 10 anos, parte dos terreos que ocupaban as instalacións de GEA en Cabral e Coruxo. Estas parcelas correspóndense co 25% dos terreos que lle tocou xestionar á CIG logo de que GEA péchase no ano 2001 sen pagar os salarios e as indemnizacións ao seu persoal. Para facer fronte ás débedas o patrimonio do grupo de empresas foi embargado e adquirido en poxa xudicial polo colectivo de traballadores/as. Neste proceso, á CIG tocoulle xestionar os terreos que ocupaba GEA en Cabral e Coruxo, que foron vendidos en exclusiva a Inversiones Subel.

Naquel momento a inmobiliaria pagou unha parte do valor industrial, pero ás afectadas/os aínda lles resta por percibir a diferenza até o valor total que adquiriron os terreos unha vez recualificados como urbanos, tal e como se pactara entre ambas partes.

Neste senso, Conde engadiu que o pasado mes de xaneiro as ex traballadoras/es de GEA recibiron 144.000 euros que lles adebedaba o avogado José Pérez Pousa e a empresa Residencial El Rocío, inmobiliaria tamén implicada na venda dos terreos, quedando pendente de percibir a parte de Inversiones Subel. A este respecto, o Secretario da CIG de Pontevedra subliñou que cobro desta cantidade «foi posíbel pola actitude incansábel das ex empregadas/os, que levan anos desenvolvendo protestas tanto en Vigo como na Coruña».

 

A XUNTA DE GALICIA CELEBRA O DÍA EUROPEO DA INFORMACIÓN XUVENIL CUNHA XORNADA SOBRE TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inaugurou hoxe este encontro celebrado na Escola Galega de Administración Pública

 

  • Os asistentes son informadores/as e técnicos/as de Xuventude dos concellos galegos, técnicos dos Espazos Xove, así como dinamizadores xuvenís
  • O encontro contou cun relatorio sobre as novas formas de informarse e relacionarse a mocidade a través das TIC e os participantes puideron aportar as súas ideas para o novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude

 

Santiago, 18 de abril de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe as xornadas “As novas formas de información e relación da mocidade mediante as TIC: actitudes, percepcións e uso de internet e das redes sociais entre a mocidade galega”, con motivo da celebración en Europa do Día da Información Xuvenil. Esta efeméride reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns.

Os asistentes a esta xornada son informadores/as e técnicos/as de Xuventude dos concellos galegos, técnicos dos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes de TASOCT, e persoas interesadas na temática.

A Xornada celebrouse na Escola Galega de Administración Pública e nela participaron máis de 60 persoas. O encontro contou cun relatorio sobre as novas formas de informarse e relacionarse a mocidade a través das TIC a cargo de Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e especialista nesta materia.

Na segunda sesión da Xornada, os e as asistentes traballaron por grupos para facer achegas ao novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude, cumprindo así un dos obxectivos marcados pola dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de que sexa un decreto participativo.

Cecilia Vázquez destacou que estamos a vivir unha época na que tan só a un clic accedemos e manexamos diariamente unha cantidade de información que nos chega a través da internet que fai que esteamos conectados a todo tipo de fontes de coñecemento e que tamén as difundamos, de aí a importancia da celebración de xornadas deste tipo.

 

Rede de Información Xuvenil

Galicia conta desde 1994 con unha Rede de Información Xuvenil configurada como un servizo público de carácter gratuíto e de estrutura territorial que articula e coordina as iniciativas promovidas tanto por organismos públicos como por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Entre os seus obxectivos atópanse os de garantir a difusión da información xuvenil de maneira ampla e actualizada en todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e promover a máxima difusión de información a través das tecnoloxías da información e comunicación, especialmente a través de internet e as súas redes sociais.

A Rede galega está presente na maioría dos concellos galegos, chegando a practicamente todos os mozos e mozas, xa que conta con 248 oficinas locais de información xuvenil (OMIX), 12 espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 50 Puntos de información xuvenil dependentes das Asociacións e entidades prestadoras de Servizos a Xuventude e máis de 547 correspondentes xuvenís distribuídos en 86 centros educativos e universitarios.

Lei de Xuventude

Nesta Xornada do Día Europeo da información xuvenil, tamén se presentou o borrador do novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude, no que se recollen aspectos importantes da Rede Galega de Información xuvenil, e está aberto ás achegas dos e das técnicos/as que traballan nas Oficinas Locais de Información Xuvenil co obxecto de que sexa un Decreto participativo.

A directora xeral, indicou que este borrador será presentado tamén ás escolas de tempo libre, asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, e a todas as persoas interesadas en facer suxestións a este regulamento, mediante foros, encontros, e a través da páxina web: http://www.xuventude.xunta.es.

A directora xeral agradeceu aos participantes a súa asistencia e colaboración nas contribucións que fagan a esta normativa.

FESTIVAL EÑE, SEGIB Y LA CASA DE VELÁZQUEZ CONVOCAN LA PRIMERA EDICIÓN DEL PREMIO RESIDENCIA SEGIB – EÑE PARA AUTORES IBEROAMERICANOS EN CASA DE VELÁZQUEZ

Con el objetivo de potenciar y apoyar la labor de los escritores iberoamericanos, este premio ofrece al ganador una residencia, de cuatro meses de duración, en la Casa de Velázquez y su participación dentro de la programación del Festival Eñe 

Además el ganador participará en la programación del Festival Eñe de este año, que se celebrará los días 27 y 28 de octubre en el Círculo de Bellas Artes, en un acto de presentación del premio en el marco del festival 

La convocatoria permanecerá abierta hasta el 29 de junio y un mes después se hará público el nombre del ganador del premio  

Convertido, después de ocho ediciones en el festival literario de referencia en España, Eñe refuerza con este premio su carácter de escaparate de la creación literaria iberoamericana, dando voz a nuevos autores  

La Casa de Velázquez, centro de creación artística y de investigación en Ciencias Humanas y Sociales, tiene como objetivo la promoción de los intercambios culturales, intelectuales y artísticos a nivel internacional

La Secretaría General Iberoamericana (SEGIB) es el organismo internacional que apoya la organización de la Cumbre Iberoamericana de Jefes de Estado y de Gobierno y a los 22 países que conforman la comunidad iberoamericana  

 Descarga las bases de participación Más información www.lafabrica.com

Festival Eñe, SEGIB y la Casa de Velázquez convocan la primera edición del Premio SEGIB- Eñe para escritores iberoamericanos en Casa de Velázquez. .

El premio, cuya convocatoria permanecerá abierta hasta el 29 de junio, nace con el objetivo de apoyar la creación de los escritores iberoamericanos y, como no podía ser de otra manera, surge de la mano del festival de literatura de referencia en España: el Festival Eñe.

Esta cita con la literatura, organizada por La Fábrica y el Círculo de Bellas Artes, que inaugura desde hace ocho ediciones el otoño en Madrid, se ha consolidado como una de los hitos principales del calendario literario en castellano. Más de 45.000 personas han participado de las diferentes ediciones celebradas en el Círculo de Bellas Artes en 900 actividades que han reunido a más de 400 escritores. Además, el Festival Eñe también ha tenido oficinas en Iberoamérica a través de ediciones del Festival Eñe en América celebradas en Montevideo, Lima, Buenos Aires y Panamá.

En este sentido la alianza entre el Festival, la Secretaría General Iberoamericana (SEGIB) y la Casa de Velázquez, es una consecuencia natural del deseo de estas tres entidades por apoyar la creación literaria iberoamericana.

Podrán optar al premio del concurso escritores en activo de los países miembros de la Conferencia Iberoamericana y ciudadanos españoles, portugueses o andorranos, residentes en Latinoamérica.

El ganador del concurso formará parte de la programación del Festival Eñe 2017, que se celebrará en el Círculo de Bellas Artes los días 27 y 28 de octubre y en 2018  disfrutará de una residencia de cuatro meses en la Casa de Velázquez durante la que desarrollará el proyecto literario que haya presentado en la convocatoria.

Sobre la Secretaría General Iberoamericana

La Secretaría General Iberoamericana (SEGIB) es el organismo internacional que apoya la organización de la Cumbre Iberoamericana de Jefes de Estado y de Gobierno y a los 22 países que conforman la comunidad iberoamericana. La SEGIB impulsa la Cooperación Iberoamericana en el ámbito del conocimiento, la cohesión social y la cultura.

Sobre la Casa de Velázquez 

La Casa de Velázquez es a la vez un centro de creación artística y un centro de investigación en Ciencias Humanas y Sociales. Las actividades artísticas se desarrollan en el marco de l’Académie de France à Madrid. La labor científica la lleva a cabo l’École des hautes études hispaniques et ibériques. Además, cuenta con una biblioteca dotada de un importante fondo para la investigación y de un servicio de publicaciones para favorecer la difusión del trabajo realizado.

Su misión es promover los intercambios culturales, intelectuales y artísticos a nivel internacional. Fomenta proyectos y métodos de trabajo innovadores al tiempo que actúa como centro de formación y de apoyo para jóvenes artistas e investigadores.

La Casa de Velázquez está bajo tutela del Ministerio de Educación Nacional, de Enseñanza Superior e Investigación francés.

CONCIERTO: CRÓNICAS POP

CONCIERTO CRÓNICAS POP
Jueves 20 de Abril – 23:59 h. entrada libre

LUGAR: POSADA DE LAS ANIMAS

Pz. Compostela 19, 36201 Vigo

https://www.facebook.com/posadadelasanimasvigo/

——————————————————————————-

Crónicas Pop es un grúpo de 5 componentes que desde sus inicios en 2014 ha tenido muy buena acogida de publico, dado en gran parte por la selección muy variada de temas tanto españoles como latino: Éxitos del Pop &Rock de los 80 a la actualidad.

Quisiéramos destacar que casi todos los temas que hemos incluido en nuestros conciertos, son cantados con voz de mujer, aunque las canciones originales provienen de intérpretes masculinos, lo que hace que los temas sean más personales, a pesar de ser versiones de otros compositores.

A XUNTA INVESTIRÁ MÁIS DE 475.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DE 34 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN VIGO

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se licitan as obras, consistentes no illamento térmico das fachadas.

 

Vigo, 18 de abril de 2017.- A Xunta de Galicia destinará 475.344,79 euros á execución de obras de mellora da eficiencia enerxética de 34 vivendas de promoción pública emprazadas en Vigo. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pola que se licita a execución das obras.

 

As obras, que consistirán no illamento térmico do edificio polo exterior para mellorar a súa eficiencia térmica e, polo tanto, incrementar o rendemento do consumo enerxético realizado nas mesmas, realizaranse nas vivendas emprazadas en Menéndez Pelayo 15-17, en Vigo.

 

As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. O prazo de execución das obras será de catro meses dende o inicio das mesmas.

 

As empresas interesadas dispoñen de 26 días naturais para presentar as súas ofertas.

 

O Goberno galego ten en marcha un programa de mellora da eficiencia enerxética de vivendas de promoción pública, no marco do cal se están a realizar actuacións en varias localidades de toda Galicia.