A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS COLABORARÁ CO CONCELLO DE CRECENTE MEDIANTE UNHA ACHEGA DE MÁIS DE 100.000 EUROS PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS DE CONTENCIÓN E REPARACIÓN EN FREIXO

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Crecente, Julio César García- Luengo, asinaron hoxe un convenio de colaboración

 

  • A Xunta financiará deste xeito os traballos de execución de muros, reparación de noiros e canalizacións nesa parroquia
  • Os traballos teñen como obxecto a reconstrución dos muros de sostemento no acceso norte ao Freixo e na vía cara Virxe do Camiño
  • Tamén se levarán a cabo reparacións do noiro no acceso ao cemiterio do Freixo e rehabilitacións do firme da vía de entrada a este núcleo
  • Estas actuacións mellorarán a seguridade nesta parroquia de Crecente, xa que na actualidade os muros atópanse en mal estado, e facilitarán a mobilidade dos seus veciños

 

Santiago, 18 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García- Luengo, para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo.

 

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas financiará estas actuacións coa achega dun investimento de máis de 106.000 euros.

 

Os traballos teñen como obxectivo a reconstrución dos muros de sostemento no acceso norte ao Freixo e na vía cara Virxe do Camiño. Tamén se levarán a cabo reparacións do noiro no acceso ao cemiterio do Freixo e arranxos no firme da vía de entrada a este núcleo.

 

Estas actuacións mellorarán a seguridade nesta parroquia de Crecente, xa que na actualidade os muros atópanse en mal estado e en risco de caer. Coa realización destas obras, facilitaranse as condicións de accesibilidade, así como a mobilidade dos veciños deste núcleo.

 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: