A XUNTA DE GALICIA CELEBRA O DÍA EUROPEO DA INFORMACIÓN XUVENIL CUNHA XORNADA SOBRE TECNOLOXÍAS DA COMUNICACIÓN

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inaugurou hoxe este encontro celebrado na Escola Galega de Administración Pública

 

  • Os asistentes son informadores/as e técnicos/as de Xuventude dos concellos galegos, técnicos dos Espazos Xove, así como dinamizadores xuvenís
  • O encontro contou cun relatorio sobre as novas formas de informarse e relacionarse a mocidade a través das TIC e os participantes puideron aportar as súas ideas para o novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude

 

Santiago, 18 de abril de 2017.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe as xornadas “As novas formas de información e relación da mocidade mediante as TIC: actitudes, percepcións e uso de internet e das redes sociais entre a mocidade galega”, con motivo da celebración en Europa do Día da Información Xuvenil. Esta efeméride reivindica a importancia de acompañar aos mozos e mozas no seu camiño cara á emancipación e o seu pleno desenvolvemento como cidadáns.

Os asistentes a esta xornada son informadores/as e técnicos/as de Xuventude dos concellos galegos, técnicos dos Espazos Xove dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como dinamizadores xuvenís, titulados e estudantes de TASOCT, e persoas interesadas na temática.

A Xornada celebrouse na Escola Galega de Administración Pública e nela participaron máis de 60 persoas. O encontro contou cun relatorio sobre as novas formas de informarse e relacionarse a mocidade a través das TIC a cargo de Antonio Rial Boubeta, doutor en psicoloxía social, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e especialista nesta materia.

Na segunda sesión da Xornada, os e as asistentes traballaron por grupos para facer achegas ao novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude, cumprindo así un dos obxectivos marcados pola dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de que sexa un decreto participativo.

Cecilia Vázquez destacou que estamos a vivir unha época na que tan só a un clic accedemos e manexamos diariamente unha cantidade de información que nos chega a través da internet que fai que esteamos conectados a todo tipo de fontes de coñecemento e que tamén as difundamos, de aí a importancia da celebración de xornadas deste tipo.

 

Rede de Información Xuvenil

Galicia conta desde 1994 con unha Rede de Información Xuvenil configurada como un servizo público de carácter gratuíto e de estrutura territorial que articula e coordina as iniciativas promovidas tanto por organismos públicos como por entidades privadas sen ánimo de lucro.

Entre os seus obxectivos atópanse os de garantir a difusión da información xuvenil de maneira ampla e actualizada en todo o ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e promover a máxima difusión de información a través das tecnoloxías da información e comunicación, especialmente a través de internet e as súas redes sociais.

A Rede galega está presente na maioría dos concellos galegos, chegando a practicamente todos os mozos e mozas, xa que conta con 248 oficinas locais de información xuvenil (OMIX), 12 espazos xove da Rede Galega de Centros de Xuventude dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 50 Puntos de información xuvenil dependentes das Asociacións e entidades prestadoras de Servizos a Xuventude e máis de 547 correspondentes xuvenís distribuídos en 86 centros educativos e universitarios.

Lei de Xuventude

Nesta Xornada do Día Europeo da información xuvenil, tamén se presentou o borrador do novo Decreto que desenvolve a Lei de Xuventude, no que se recollen aspectos importantes da Rede Galega de Información xuvenil, e está aberto ás achegas dos e das técnicos/as que traballan nas Oficinas Locais de Información Xuvenil co obxecto de que sexa un Decreto participativo.

A directora xeral, indicou que este borrador será presentado tamén ás escolas de tempo libre, asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, e a todas as persoas interesadas en facer suxestións a este regulamento, mediante foros, encontros, e a través da páxina web: http://www.xuventude.xunta.es.

A directora xeral agradeceu aos participantes a súa asistencia e colaboración nas contribucións que fagan a esta normativa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: