Celebración do Día do Libro e das Letras Galegas na planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro

Mañá mércores ás 18.00h a Editorial Galaxia e a Asociación Espazo Lector celebrará unha sesión no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Coa obra A galiña azul de Carlos Casares pretendemos achegarlle aos pequenos a fantasía do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas. Tamén estará o mago Cali para compaxinar lectura e maxia.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e, por esta razón, este mércores queremos festexar a maxia dos libros. A Editorial Galaxia e a Asociación Espazo Lector celebra con este fin unha sesión mañá mércores ás 18.00h na planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para que tamén eles desfruten da lectura, da fantasía, da maxia dos libros e da maxia de Cali, o mago que fará as delicias dos pequenos. Este ano ademais o Día das Letras Galegas está dedicado a Carlos Casares, que sempre tivo moi presente a importancia da infancia e escribiu algunha das obras máis coñecidas da literatura infantil galega. Por esta razón, A galiña azul é o conto escollido para lerlles, para interpretalo. Casares publicouno en 1968 e con el quería transmitir a importancia da diferencia, o valor da liberdade, de ser distintos. A Editorial Galaxia agasallará a cada neno o conto para que despois da sesión o poidan ler con vagar. O Hospital Álvaro Cunqueiro, a Asociación Espazo Lector e a Editorial Galaxia únense para que a maxia dos libros chegue a todos os nenos e nenas.

Carlos Casares (Ourense, 1941 – Vigo, 2002) é un dos máis grandes narradores galegos. Autor dunha extensa obra para adultos (na que destacan libros como Vento ferido,IlustrísimaDeus sentado nun sillón azul ou O sol do verán), tamén foi un dos pioneiros da literatura infantil en galego. Preocupado porque as nenas e os nenos galegos puidesen ler na súa lingua, traduciu obras tan destacadas como O principiño, e soñou el mesmo a literatura infantil e xuvenil do futuro en libros como A galiña azulAs laranxas máis laranxas de todas as laranxasO can Rin e o lobo Crispín ou a serie protagonizada polo neno inventor Toribio, todos eles reeditados pola Editorial Galaxia co gallo da celebración do día das Letras Galegas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: