Continúa o ciclo Cine e Lingua coa emotiva historia de You´re ugly too

Vigo, 18 de abril de 2017.- O ciclo Cine e Lingua programado pola Universidade de Vigo prosegue mañá coa película You´re ugly too protagonizada por Aidan Gillen, George Pistereanu e Lauren Kinsella. Trátase da opera prima do escritor e director irlandés Mark Noonan que asina esta historia emotiva sobre a patenidade e as relacións na familia. Conta a vida de Will (Aidan Gillen, Juego de Tronos), cando recibe a liberdade condicional tras a morte dun familiar e ter que por isto facerse cargo e coidar da súa sobriña Stacey (Lauren Kinsella), que quedara orfa. Mentres se dirixen ao centro de Irlanda e tentan ser unha familia, atópanse cunha serie de obstáculos. Entre eles a pouca capacidade de Will de facerse pai dunha preadolescente ou a repentina narcolepsia de Stacey que a deixa fóra da escola local. A longametraxe, estreada en 2015, presentouse na sección Generation na Berlinale dese ano.

 

A película poderase gozarse en versión orixinal con subtítulos en castelán. Presentarana e moderará o coloquio posterior, Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.

You´re ugly too

Mark Noonan, 2015

Data:    Mércores, 19 de abril

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo

               

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: