O CORREDOR DO MORRAZO REXISTRARÁ VARIOS CORTES DESDE ESTA TARDE ATA O VENRES, 21 DE ABRIL, PARA REALIZAR VOADURAS NO TRAMO II E AVANZAR NAS OBRAS DE CONVERSION EN AUTOVÍA

  • O tráfico desviarase polas vías habituais, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o necesario para que a duración sexa a menor posible
  • A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros

 

Santiago, 19 de abril de 2017.- O Corredor do Morrazo rexistrará cortes de tráfico hoxe pola tarde, mañá xoves e o venres, día 21, no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 7+300, entre Rande e o enlace de Meira. Estas actuacións responden á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

 

O tráfico desviarase, entre as 16.00 e as 19.00 horas, aínda que se fará o posible para que a duración do corte sexa a menor posible.

 

Concretamente, as voaduras rexistraranse do seguinte xeito:

 

  • O mércores a zona das voaduras estará localizada entre o punto quilométrico 5+825 e 5+840.

 

  • O xoves, as actuacións executaranse entre o Pq 5+760 e o 5+780 e tamén no punto quilométrico 4+100.

 

  • Finalmente, o venres, serán no desde o Pq. 5+780 ata o 5+795.

 

Os cambios están establecidos do seguinte xeito: en sentido Cangas-Vigo, o tráfico desvíase polo enlace de Meira-Marín pola estrada EP-1102 ata a PO-551 e no sentido Vigo-Cangas, desvíase no enlace de Rande pola PO-551.

 

A Autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros. 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: