Yolanda Castaño recibida pola alcaldesa antes de presentar o seu novo espectáculo de poesía na Bibloteca Municipal

Yolanda Castaño, sen dúbida un dos rostros máis coñecidos da poesía galega, trouxo este martes o seu novo espectáculo audiovisual á Biblioteca Municipal do Porriño. Castaño, que foi recibida pola alcaldesa, Eva García de la Torre,  amosou o seu espectáculo, que abrangue un  xeito máis moderno e fresco de comunicar os seus versos, facendo que o público dialogue coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.

Os asistentes, alumnas e alumnos do IES Pino Manso, puideron participar desta moderna posta en escena,  capaz de conectar mesmo con públicos pouco versados no xénero poético, a través dun recitado de textos acompañado pola proxección de breves videopoemas e bases musicais.

Yolanda Castaño é unha das poetisas actuais en galego máis relevantes: máis de vinte anos publicando, e recibindo premios como o Fermín Bouza Brey, o Johán Carballeira de Poesía, o Premio da Crítica, ou o Premio Fundación NovaCaixaGalicia de Poesía.

Presentadora de televisión, crítica literaria en distintos medios, polifacética e multidisciplinar, e comprometida coa dinamización cultural que a levou a pór en práctica distintos proxectos innovadores ao redor da poesía e a expresión artística.

A actividade, organizada dentro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, forma parte das impulsadas pola Biblioteca Municipal e está dirixida principalmente á mocidade, idealmente para nenos e nenas de 4 a 14 anos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: