Mañá venres / BOOKCROSSING (Libros libres!) no MARCO

LIBROS LIBRES!

Mañá venres 21 de abril

O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING

xunto con 60 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura

#DíadoLibro 23 abril / #BookcrossingMuseos

A solta de libros comezará ás 11.00 fronte á fachada principal, R/ Príncipe

 

 

Mañá xoves 21 de abril, por noveno ano consecutivo, 60 bibliotecas de museos e centros de arte y cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.

https://youtu.be/c1ScQT5cVz0

O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase a partir das 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

http://www.marcovigo.com/content/bookcrossing-2017

Bookcrossing 2017

60 museos e centros de arte compartirán o 21 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro (23 abril), unha experiencia de bookcrossing ou campaña de liberación de libros, coa pretensión de inundar as cidades con volumes procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas.

Os participantes prevén poñer en circulación libros libres coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. Todos os libros liberados estarán acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conterán as instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados na páxina web  www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e no que liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un “club de libros global”, rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como “as tres erres”: read (le), register (rexistra), release (libera) Os libros libéranse normalmente en lugares públicos e de tránsito de persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina www.bookcrossing–spain.com, o traxecto realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a pista de calquera deles unha vez que foi liberado, así como saber quen o leu e en que lugar. Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e liberándoos despois nun lugar público.

Todos os libros liberados conteñen tres adhesivos. A primeira etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: “pásalle este libro a alguén ou déixao libre na súa aventura” e “non me perdín, son parte dun club de libros global”, ao tempo que remite a máis detalles no interior do libro. O segundo adhesivo, no interior, instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da web  www.bookcrossing-spain.com, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. O terceiro, leva o logo do Museo e felicita o día do libro.

O día 21 de abril calquera persoa poderá seguir estes pasos con algún dos libros que se van liberar en distintos puntos de cada unha das cidades participantes.

Museos e centros participantes

Biblioteca – Centre de Documentació del Museu Valencià d’Etnologia; Biblioteca – Centro de Documentación. MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León; Biblioteca de la UNED; Biblioteca del IVAM; Biblioteca del Museo de Zamora; Biblioteca del Museo l’Iber; Biblioteca del Museu de Belles Arts de València; Biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Biblioteca do Museo Galego da Marioneta; Biblioteca Jacques Dupin-Fundació Joan Miró; Biblioteca. Museo Etnolóxico. Ribadavia-Ourense; Biblioteca y Centro de Documentación. Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo (Vitoria-Gasteiz); Bilboko Arte Ederren Museoa_Museo de Bellas Artes de Bilbao; Casa de Colón; La Casona de Tudanca; CCCB, Centre de Cultura contemporània de Barcelona; CENDEAC, Centro de Documentación y Estudios Avanzados de Arte Contemporáneo; Centre d’art la Panera, Lleida; Centre de Documentació i Museu de les Arts Escèniques de l’Institut del Teatre; Centre Documentació Cultura Popular (DGCPAAC-Gencat); Centro Atlántico de Arte Moderno, CAAM; Centro de Arte Caja de Burgos (CAB); Centro de Arte La Regenta; Centro de Documentación de las Artes Escénicas de Andalucía (Sevilla); Centro de Estudios y Documentación MACBA; CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea; CRAI Belles Arts. Universitat de Barcelona; Dokumentazio Zentroa / Centro de Documentación / Documentation Centre / Centro Cultural Montehermoso Kulturunea (Vitoria-Gasteiz); Es Baluard Museu d’Art Modern i Contemporani de Palma; Fundació Antoni Tàpies; Fundación Eugenio Granell; MACA. Museo de Arte Contemporáneo de Alicante; MACVAC, Museu d’Art Contemporani “Vicente Aguilera Cerni” de Vilafamés; MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo; MMC Museo Marítimo del Cantábrico; Museo Arqueológico de Asturias; Museo Art Nouveau y Art Déco – Casa Lis (Salamanca); Museo Casa Natal de Jovellanos; Museo de Belas Artes da Coruña; Museo de Bellas Artes de Asturias; Museo de la Naturaleza de Cantabria. MNAT; Museo de Navarra. Pamplona; Museo de Prehistoria y Arqueología de Cantabria (MUPAC); Museo de Valladolid; Museo del Carlismo – Karlismoaren Museoa; Museo del Ejército; Museo del Ferrocarril de Madrid; Museo del Gas de la Fundación Gas Natural Fenosa; Museo del Traje; Museo Etnográfico de Cantabria; Museo Etnográfico de Castilla y León; Museo Etnológico de Navarra “Julio Caro Baroja”- “Julio Caro Baroja” Nafarroako Museo Etnologikoa; Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Museo Nacional de Antropología; Museo Nicanor Piñole; Museos Arqueológicos de Gijón; Museu de Prehistòria de Valéncia; Muséu del Pueblu d’Asturies; Museu Etnològic de Bacelona-Museu de Cultures del Món; Ubik, Tabakalerako sorkuntza liburutegia / Ubik, biblioteca de creación de Tabakalera / Ubik, Tabakalera’s creation library.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: