A XUNTA ASINA COA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA E O CONCELLO DE LUGO UN ACORDO PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA NOVA ESCOLA INFANTIL

  • A entrada en funcionamento do novo centro, que ofertará 82 novas prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, está prevista para o curso 2018-2019

Arteixo (A Coruña), 21 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e a director xeral da Fundación Amancio Ortega (FAO), Óscar Ortega Chávez, asinaron esta mañá na sede da FAO un convenio de colaboración que permitirá a construción dunha nova escola infantil no municipio lucense. A Fundación Amancio Ortega investirá 1,5 millóns de euros no financiamento da construción e equipamento deste futuro centro que xerará 82 novas prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, as cales estarán distribuídas en seis unidades –dúas aulas para cada franxa de idade-.

 

A escola infantil edificarase nunha parcela de propiedade municipal de 3800 metros cadrados que dá a unha rúa de nova apertura paralela á Avenida Paula Fabio Máximo e que o Concello de Lugo cede ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para levar a cabo este proxecto. Unha vez finalizadas as obras de construción, o Consorcio e o Concello lugués serán os responsables da posta en marcha do centro e da súa integración na rede pública de escolas infantís de Galicia.

 

Segundo se recolle no acordo de colaboración asinado hoxe, o prazo máximo para o inicio das obras, unha vez posto o terreo a disposición da FAO, será de seis meses. A posta en funcionamento da escola está prevista para o curso escolar 2018-2019.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: