MITEU: A Compañía de Teatro da USC-Lugo reflexiona sobre violencia e terrorismo con A paz perpetua

A obra, escrita por Juan Mayorga, interpretarase o vindeiro luns, 24 de abril, no Teatro de Cidade Universitaria

Vigo, 21 de abril de 2017.- A Compañía da USC-Lugo porá en escena o vindeiro luns, 24 de abril, a obra de Juan Mayorga, A paz perpetua, unha reflexión sobre a violencia e o terrorismo. Mayorga decidiu, para falar destes temas, que os protagonistas fosen catro cans e un ser humano. Así, conta como un rottweiler, un dóberman e un pastor alemán teñen que pasar unha serie de probas para conseguir o cobizado colar branco e con el converterse en can antiterrorista de élite. As probas físicas e intelectuais que terán que superar acabarán situándoos -e xunto con eles, tamén aos espectadores- diante dun dos grandes dilemas éticos da vida política e social de hoxe. Un can labrador mutilado e un ser humano serán os instrutores. A Paz Perpetua formula o problema do “mal necesario”, a pregunta de se son xustificables a tortura e a violencia contra o outro, co fin de preservar os piares da nosa sociedade, sen transgredir as regras morais que a rexen.

 

Dirixida por Paloma Lugilde, o obra estará interpretada por Ramón Ferreira, Raquel Velasco, Xulio Anllo, Pablo Fernández e Cristian Fernández.

Compañía USC-Lugo
Data:    Luns, 24 de abril

Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

               

 

O texto de Mayorga débelle o título ao ensaio filosófico de Inmanuel Kant, Sobre la paz perpetua, publicado en 1795. A obra estreouse no Centro Dramático Nacional e Teatro de La Abadía baixo a dirección de José Luis Gómez no ano 2008.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: