O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO PRESENTA A SENDA PEONIL E CICLISTA DE NAVIA NA ESTRADA PO-325

  • O Goberno galego publica no DOG o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción
  • Este itinerario está enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que o Goberno galego destina 3,9 millóns de euros
  • A lonxitude total da senda é de 1.420 me
  • tros e conta cun investimento de 300.000 euros, cofinanciada nun 80% con fondos FEDER  

 

Vigo, 20 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentou esta mañá en rolda de prensa o itinerario peonil e ciclista de Navia, na estrada PO-325, entre os puntos quilométricos 0+000 (no que conectará coas beirarrúas existentes na glorieta de intersección coa VG-20) e 1+700 (na intersección coa estrada de Samil), trala publicación hoxe no DOG do anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción, así como a relación de bens afectados. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/zJis7v

 

O obxectivo deste proxecto é a execución dunha senda na marxe esquerda da estrada PO-325, coñecida coma Avenida Ricardo Mella, comunicando a beirarrúa da glorieta da VG-20 coa existente á altura da urbanización de Navia, nun tramo inicial de aproximadamente 340 metros. A senda continuará polo marxe dereita da estrada, a carón do muro de contención da autovía de circunvalación de Vigo, desde a glorieta da rúa das Ufas ata o final da actuación. Xa no tramo final conectará coas beirarrúas na estrada a Samil e co paseo do río Lagares. A lonxitude total deste itinerario é de 1.420 metros, cunha sección tipo que consta dunha senda de 1,8 metros de ancho. A obra está cofinanciada nun 80% polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

 

O proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de 30 días hábiles, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado. Tamén se somete a información pública a relación do único ben afectado pola realización da obra correspondente, para que o titular da finca presente cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes.

 

Plan de Sendas

O proxecto de construción deste itinerario, enmarcado na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, na comarca de Vigo, á que a Xunta destinará 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios, foi aprobado o pasado día 3 de febreiro. Concretamente, esta senda peonil e ciclista de Navia define unha das que obtiveron maior puntuación na análise multicriterio realizado no estudo de “Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Vigo”.  

 

A Xunta está a executar este tipo de actuacións coa fin de promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular, porque estas sendas permitirán que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiáns andando ou en bici dun xeito seguro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: