#SalónDoMARCO (SÁBADO 22 ás 12.00)

INAUGURACIÓN

Un lugar para facer

Dirixido por Fran Quiroga

Proxecto gañador da Convocatoria de proxectos ANEXO 2017

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles ápresentación á prensa que terá lugar este sábado 22 de abril ás 12.00, noAnexo, con motivo da inauguración do #SalónDoMARCO, un proxecto dirixido por Fran Quiroga, co que se inaugura unha nova etapa no Anexo, a sala de proxectos situada no vestíbulo principal.

Nesta presentación participarán

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro área de Cultura, Concello de Vigo

–  Fran Quiroga, comisario do proxecto #SalónDoMARCO

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Conversa + SESIÓN VERMÚ

Unha vez finalizada a presentación aos medios, a partir das 12.30 terá lugar unhaconversa conducida por Fran Quiroga, con Lara Dopazo á poesía, e unhasesión vermú aberta ao público.

Coa colaboración de

 

 

Un lugar para facer

Proxecto gañador da Convocatoria de proxectos ANEXO 2017

Dirixido por Fran Quiroga

 

Datas                      22 abril 2017 – 1 marzo 2018

Lugar                      Anexo [vestíbulo principal]

Horario                   Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción               MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

A partir do 22 de abril, o Anexo do MARCO estrea unha nova etapa da man do proxecto#SalónDoMARCO, dirixido por Fran Quiroga, que foi a proposta gañadora daConvocatoria ANEXO 2017.

Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, a liña de programación desta sala situada no vestíbulo principal pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras e actividades, como ao comisariado. Nesta ocasión, o proxecto foi resultado dun concurso público pensado para seleccionar a programación que se desenvolverá no Anexo durante un ano: de abril de 2017 a marzo de 2018.

O #SalónDoMARCO configúrase como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotía. Este ‘lugar para estar’ concíbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alí ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexións.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: