MARCO: inauguración #SalónDoMARCO

Un lugar para facer

Proxecto gañador da Convocatoria de proxectos ANEXO 2017

Dirixido por Fran Quiroga

Datas             22 abril 2017 – 1 marzo 2018

Lugar             Anexo [vestíbulo principal]

Produción    MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

A inauguración terá lugar no propio espazo, o sábado 22 de abril ás 12.30 (sesión vermú), cunha presentación de Fran Quiroga, con Lara Dopazo á Proxecto gañador da Convocatoria de proxectos ANEXO 2017Un lugar para facer

A partir do 22 de abril, o Anexo do MARCO estrea unha nova etapa da man do proxecto #SalónDoMARCO, dirixido por Fran Quiroga, que foi a proposta gañadora da Convocatoria ANEXO 2017.

Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, a liña de programación desta sala situada no vestíbulo principal pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras e actividades, como ao comisariado. Nesta ocasión, o proxecto foi resultado dun concurso público pensado para seleccionar a programación que se desenvolverá no Anexo durante un ano: de abril de 2017 a marzo de 2018.

En setembro de 2016 tivo lugar a reunión do comité de avaliación —composto por Mela Dávila, directora de programas públicos do MNCARS Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía; Julio Gómez, codirector de Sinsalaudio; Sören Meschede, membro de hablarenarte; e Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO— que elixiron #SalónDoMARCO entre un total de 24 proxectos presentados.

Da proposta seleccionada valorouse, entre outras cuestións, a boa articulación dos contidos e da xestión, tamén económica, do proxecto; a implicación de públicos que non proceden necesariamente do campo da arte; o carácter colaborativo da proposta, en cuxa redacción participaron os colectivos implicados, que ademais amplían o marco de participación fóra do ámbito da arte contemporánea; e a apertura do espazo á cidadanía, para que se apropie del participando e producindo contidos. Os integrantes do comité que valorou as propostas destacaron que se traballe para converter o espazo Anexo nun lugar no que sexa o visitante ou o asistente quen forme parte crucial do desenvolvemento da actividade.

————————————————————————————-

O #SalónDoMARCO configúrase como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotiá. Este ‘lugar para estar’ concíbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alí ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexións.

Os museos de arte contemporánea son espazos creadores de subxectividades, e tamén amplificadores de narrativas; son lugares para o sublime, mais tamén facedores do presente. Han ser lugares que interpelen a sociedade e que se vexan afectados por ela, nos que o compromiso coa contemporaneidade condicione a creación doutros modos de facer, nos que o discurso se configure como unha pedra angular da arte.

A apertura deste lugar no MARCO abre unha nova infraestructura no propio museo para experimentar outra interface que reivindica a capacidade da cidadanía de construír e facer comúns. A través dunha serie de dispositivos —obradoiros, seminarios, encontros, conversas, propostas experimentais…— procúrase que a cidadanía se apropie do #SalónDoMARCO. A xeración de nodos de investigación, a construción do propio espazo, ou o impulso de comunidades de aprendizaxe, son algunhas das intervencións a desenvolver.

 

Fran Quiroga (Paderne, A Coruña, 1982) é investigador con interese na intersección entre a creación contemporánea, os comúns e a participación social. Licenciado en Ciencias Políticas pola USC. Coordina o Programa de Estudos en Mancomún: Ruralidades, Feminismos e Comúns, que obtivo financiamento pola Fundación Daniel & Nina Carasso. Dirixe o CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, e co-dirixe o proxecto de investigación Ruraldecolonizado, camiñando por pluralismos epistemolóxicos apoiado polo CGAC e o MUSAC. Ten impartido conferencias en centros como MUSAC, Arts Santa Mònica, MediaLab Prado, Ministerio de Educación y Cultura, USC, ou University of Pennsilvania, entre outros. Entre os seus campos de investigación están a teoría decolonial, o rural, os comúns e os procesos de transformación social. Tamén co-cordina Montenoso, proxecto de creación contemporánea, co que obtiveron a Mención de Honra no Ars Prix Electronica (Austria 2014).

http://franquiroga.gal

 

#Breve manual de uso

O MARCO ten un salón. Un novo espazo de socialización, un lugar onde atoparse, ler, estar e facer. É teu, máis todxs debemos corresponsabilizarnos no seu uso e desfrute. Este espazo non pode privatizarse, pertence ao común.

#CALENDARIO

Obradoiro #FACER ESPAZO

30 marzo – 12 abril

Álex F. Palicio (coa consultoría de Paul Guy)

Participantes: Alberto ‘Ash’ Santos, Erik Balbuena, Zaida Gómez, David Mortol Moreno, Raquel López Castro, Mª Pilar López Ribera, Iria Treig Comesaña, José Manuel Vidal Vidal

 

Comunidade epistémica #CLÍNICA COLECTIVA DE PROXECTOS

18/19 e 25/26 maio

 

Obradoiro #FABRICACIÓN DIXITAL

9 xuño

Alg-a Lab

 

Investigación Experimental #VIGO REBELDE, O METAL EN LOITA

xuño – agosto

Niquelarte / Adela Vázquez

 

Seminario #COMÚNS E CULTURA

20/21 setembro

Proxecto Derriba

 

Conversa Arte & Ciencia #O GALHEGHO LINGUA DO COMÚN

13 outubro

Luz Pichel & Montserrat Recalde

 

Conversa Perfomativa #PAN DE CONA

10 novembro

Rita Caoba & Electroqueer

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: