A XUNTA SORTEARÁ SEIS VIVENDAS REHABILITADAS NO CASCO VELLO DE VIGO O PRÓXIMO 8 DE MAIO

  • Trátase de vivendas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90% polo Goberno galego
  • As listas de admitidos ao sorteo publicáronse hoxe e pódense consultar na web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

 

Vigo, 24 de abril de 2017.- A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sorteará o próximo día 8 de maio seis vivendas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, nos números 10-12 e 45-47 da rúa Ferrería.

 

As listas de demandantes de vivenda que participarán en ditos sorteos foron publicadas hoxe e poden consultarse na web do IGVS a través da seguinte ligazón: http://igvs.es/web/actuamos/600

 

Dúas das vivendas que se adxudicarán están emprazadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.

 

As outras catro vivendas sitúanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo de venda
Ferrería 10-12 1º piso. 56,79 m2 + rocho 90.186 €
Ferrería 10-12 2º piso 56,79 m2 + rocho 95.056 €
Ferrería 45-47 1º A. 55,65 m2 83.475 €
Ferrería 45-47 1º B 76,12 m2 114.180 €
Ferrería 45-47 2º A. 56,65 m2 90.640 €
Ferrería 45-47 2º B. 109,75 m2 175.600 €

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: