GALICIA LOGRA REBAIXAR UN 23% O TEMPO MEDIO DE PAGO E MANTENSE ENTRE AS COMUNIDADES QUE MELLOR ATENDEN AOS SEUS PROVEDORES

  • O período medio de pago da Administración galega descendeu en febreiro aos 15,8 días, fronte aos 26 días de media das comunidades autónomas
  • Galicia é a quinta comunidade de réxime común que paga con máis axilidade
  • A débeda comercial tamén baixou un 20,5% sobre o mes anterior

Santiago, 24 de abril de 2017.- Galicia rebaixou en febreiro un 23,5% o tempo medio de pago a provedores ata deixalo en 15,8 días, o que supón 10,2 días menos que a media autonómica, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública sobre o mes de febreiro.

Deste xeito, Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a quinta comunidade autónoma de réxime común que fai con máis axilidade os seus pagamentos.

 

En comparación co mes anterior, o período medio de pago en Galicia é 4,8 días máis baixo, xa que en xaneiro o tempo medio de pago era de 20,63 días. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que catro comunidades autónomas incumpriron en febreiro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en febreiro baixou ata o 0,40%, mellor que a media autonómica (0,52%). Os datos mostran que Galicia conseguiu reducir este indicador un 20,5% respecto ao mes de xaneiro ao baixar ata os 239 millóns de euros, segundo o Ministerio de Facenda.

Período Medio de Pago – Febreiro 2017 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (5,19) Aragón 19,13
País Vasco* (4,99) Media CCAA 26,01
Estremadura 2,41 Madrid 28,01
Castela e León 2,91 Cataluña 28,23
Andalucía 3,22 Baleares 28,55
Asturias 5,62 Canarias 35,82
Galicia 15,78 Valencia 46,45
Castela A Mancha 16,47 Cantabria 53,04
A Rioxa 17,03 Murcia 69,14

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: