Archive | abril 26, 2017

FACENDA INSTA A CONCELLOS, UNIVERSIDADES E DEPUTACIÓNS A IMITAR Á XUNTA E FACER OPOSICIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

  • O conselleiro pediulle a estas administracións que utilicen unha parte da taxa de reposición para facer oposicións específicas a este colectivo
  • Avanzou que a Xunta ofreceralles a súa experiencia neste eido, xa que este mes realizou con éxito o exame das primeiras oposicións da historia da Xunta reservadas á discapacidade intelectual, cun alto grao de participación
  • Valeriano Martínez sinalou que se prepara a convocatoria de 16 novas prazas para a Administración xeral e 17 para o Sergas

 

Santiago, 26 de abril de 2017.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, instou aos concellos das cidades galegas, ás universidades e ás deputacións provinciais a imitar á Xunta e poñer en marcha oposicións reservadas para as persoas con discapacidade intelectual, como ten realizado nas últimas semanas con éxito a Administración galega.

 

O titular de Facenda, que respondeu este martes a unha pregunta parlamentaria, explicou que estas administracións poden utilizar unha parte da taxa de reposición para aprobar procesos selectivos reservados a este colectivo, e avanzou que a Xunta ofrecerá “toda a colaboración e apoio” para que os poñan en marcha e faciliten así a integración da discapacidade intelectual no emprego público.

 

O 8 de abril realizouse en Santiago o exame da primeira convocatoria da historia da Xunta para persoas con discapacidade intelectual. O conselleiro informou de que estas probas foron “un acto de normalidade”, no que, como en todo proceso de oposicións, “pretendemos poñer bos funcionarios ao servizo dos galegos”. O obxectivo é que os seleccionados asinen os seus contratos laborais para empezar a traballar nas consellerías este mesmo ano.

 

Martínez agradeceu de xeito especial a colaboración das dúas entidades que contribuíron a que o proceso en marcha en Galicia se desenvolvese “na mellor compañía e nas mellores condicións”, en referencia a Down Galicia e a Federación galega de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga).

 

O conselleiro informou tamén da alta participación rexistrada na convocatoria, con 429 admitidos, dos que se presentaron 352, o que supón un 82%, porcentaxe moito máis elevada da media dos procesos selectivos, que está entre o 50% e o 60%. No operativo traballaron 75 persoas, incluídos psicólogos, enfermeiros e coidadores.

 

Novas convocatorias

Despois deste primeiro paso, o titular de Facenda dixo que se vai continuar “favorecendo o emprego público inclusivo”, con novas oportunidades para que as persoas con discapacidade intelectual entren a traballar nos servizos públicos nos vindeiros meses.

 

Así, informou de que se van convocar outras 16 prazas no eido da Administración xeral para este colectivo -12 de persoal funcionario subalterno e catro de auxiliar administrativo C2-, mentres que no Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocaranse neste mesmo semestre 17 prazas de celador. Así mesmo, “abriremos unhas listas de emprego temporal para as persoas con discapacidade laboral”, recordou.

 

Finalmente, Valeriano Martínez engadiu que a aposta polo emprego inclusivo está recollida no Plan Estratéxico e na Estratexia Galega sobre discapacidade 2015-2020, e que se queren evitar posibles discriminacións, achegando medidas para a inclusión plena e efectiva de persoas con discapacidade na sociedade en igualdade de oportunidades, como prevé tamén a Lei de Emprego Público de Galicia.

 

GALICIA ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DO CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO O VINDEIRO ANO

O Consello Territorial de Servizos Sociais designou á comunidade autónoma como sede deste encontro nacional de referencia en materia de cooperación e solidariedade

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na xuntanza do pleno deste consello, no que tamén se acordou a creación de grupos de traballo para avanzar na avaliación e aplicación da lei de dependencia

 

Madrid, 26 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na reunión do pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, que se celebrou nas dependencias do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Entre outros asuntos abordados neste encontro, os representantes da administración xeral do Estado e das comunidades autónomas presentes neste órgano acordaron nomear a Galicia como sede do Congreso Estatal de Voluntariado en 2018, collendo así a testemuña de Andalucía que o albergará este ano.

 

O devandito congreso, que se celebra dende 1997, constitúe o foro nacional de referencia no eido da acción do voluntariado ao congregar a todos os sectores relacionados co ámbito da solidariedade. Nestes encontros participan responsables de Organizacións Non Gobernamentais (ONG), de entidades que desenvolven programas e proxectos de voluntariado, das administracións públicas, das empresas ou das universidades, entre outros organismos e sectores. E no transcurso dos mesmos, os asistentes debaten e reflexionan sobre os problemas que afectan e preocupan ao movemento voluntario e ás entidades sociais do país.

 

Asemade, durante a celebración do congreso se fai entrega dos Premios Nacionais de Voluntariado  cos que se recoñece o traballo e a participación solidaria de persoas e entidades nos diferentes ámbitos social, sanitario, cooperación ao desenvolvemento, medio ambiente, deporte, cultura, educación, protección civil e emerxencias.

 

A xuntanza desta mañá do consello territorial tamén serviu para avaliar o Plan Concertado de servizos sociais e os proxectos sociais de apoio á familia e á infancia desenvolvidos polas comunidades autónomas e que contaron con financiamento do Ministerio. Ademais, aprobouse a creación de grupos de traballo para avanzar nunha proposta técnica que equipare os baremos de discapacidade, así como no deseño e estrutura das avaliacións anuais sobre a aplicación da lei de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia.

ETHEL VÁZQUEZ DESTACA QUE AS OBRAS DE MELLORA DA RÚA DE VIGO, REFORZARÁN A SEGURIDADE VIARIA, HUMANIZARÁN E REVITALIZARÁN ESTA CONTORNA DE CHAPELA, EN REDONDELA

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, supervisou hoxe o inicio dos traballos desta primeira fase de reurbanización, que conta cun investimento de 2,3 millóns de euros

  • Vázquez Mourelle sinala que con estes traballos a Xunta cumpre a palabra dada ao Concello e inicia esta actuación tan demandada para os veciños da rúa de Vigo e para os vehículos que cada día se achegan ata Chapela
  • Explica que o proxecto supón a reurbanización da rúa, dende o Mercado Municipal ata a baixada á praia de Arealonga, unha zona concorrida polos peóns, polo que se preveu unha renovación integral e ampliación das beirarrúas
  • Indica que esta actuación contempla a mellora da seguridade viaria na intersección onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións, pero tamén na baixada ao citado areal

 

Redondela, 26 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, supervisou hoxe o inicio das obras de mellora da estrada que une Chapela e Vigo, a PO-323, a denominada rúa de Vigo, que reforzarán a seguridade viaria e humanizarán e revitalizarán esta contorna.

 

O Goberno galego está a comezar os traballos desta primeira fase de reurbanización da rúa de Vigo que conta cun investimento que ascende aos 2,3 millóns de euros, e do que case un 85% será achegado pola Xunta. O 15% restante correspóndese co custo das melloras dos servizos de saneamento e pluviais e será financiado polo Concello de Redondela.

 

Trátase dunha estrada moi transitada polos máis de 7.000 veciños de Chapela, pero tamén por outras persoas que, por razóns de traballo ou por ocio, se achegan a esta zona de Redondela para facer as súas compras, para  dirixirse ao seu posto de traballo ou para desfrutar da contorna.

 

A titular de Infraestruturas salientou que con estes traballos a Xunta cumpre a palabra dada con relación a esta actuación moi demandada e de grande importancia tanto para os veciños da rúa de Vigo, que contarán con beirarrúas máis anchas para facer os seus desprazamentos de xeito máis cómodo e seguro; como para os vehículos que cada día  se achegan ata Chapela, que verán mellorado o seu acceso e reforzada a seguridade.

 

Vázquez Mourelle explicou que o proxecto supón a reurbanización da rúa, ao longo de 1 km, dende a contorna do Mercado Municipal e da Alameda ata a Baixada á praia de Arealonga, unha zona moi concorrida polos peóns, polo que tamén se preveu unha renovación integral e ampliación das beirarrúas. Tamén se realizará unha mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado, canalizacións eléctricas…

 

Esta actuación contempla a mellora da seguridade viaria na intersección onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións, pero tamén na baixada á praia de Arealonga.

 

A XUNTA PUBLICA A TRANSFERENCIA AO CONCELLO DE MOS UN TREITO DA RÚA PROGRESO DESDE O SEU INICIO ATA O LÍMITE CO PORRIÑO

  • A PO-329 presenta neste ámbito un tráfico principalmente urbano e local posto que o treito conta cunha alternativa viaria clara, a estrada PO-511 pertencente á rede primaria básica con mellor nivel de servizo
  • Desde agora, facilitarase o proxecto de acondicionamento do nó de Sanguiñeda entre a N-120 e a N-550
  • Este decreto producirá efectos desde mañá, día 27 de abril, polo que a entrega do treito formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega, no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no DOG

 

Santiago, 26 de abril de 2017.-A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Decreto polo que aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Mos do treito da rúa Progreso que vai desde o seu inicio na glorieta da Costilleta, baixo a autovía A-55, ata o límite co termo municipal do Porriño. Este decreto producirá efectos desde mañá, día 27 de abril, polo que a entrega do treito formalizarase mediante a sinatura da acta de entrega, no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no DOG.

 

A estrada PO-329 presenta nesta zona un tráfico principalmente urbano e local posto que o treito conta cunha alternativa viaria clara, a estrada PO-511 pertencente á rede primaria básica con mellor nivel de servizo. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/DG1e3f.

 

O Concello de Mos prevé adoptar medidas de humanización e de mellora da accesibilidade dos peóns no nó de Sanquiñeda, de comunicación entre a A-55 e as estradas N-120 (glorieta da Costilleta, baixo a A-55) e A N-550 (glorieta das Angustias), polo que solicitou a transferencia da titularidade deste treito da rúa Progreso. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito da estrada PO-329, situado entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+160, a prol do concello de Mos.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade autónoma e das entidades locais.

 

Desde agora, o Concello de Mos poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características urbanas, e nela xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, ao tempo que se reducirán as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos polos que discorre.

 

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberá ser aprobados por decreto do Executivo autonómico, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O procedemento establecido nesta Lei permitiu axilizar este tipo de expedientes, que son beneficiosos para a administración da Xunta ao non ter que explotar unha vía que deixou de ter funcionalidade como percorrido interurbano e para o concello, xa que libera aos cidadáns das cargas administrativas que supón a súa consideración como estrada de titularidade do Goberno galego.

MARCO: /inauguración ÁNXEL HUETE

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles ápresentación á prensa que terá lugar este venres 28 de abril ás 12.00, con motivo da inauguración da exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, nas salas da planta baixa.

Nesta presentación participarán:

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro área de Cultura, Concello de Vigo

–  Ánxel Huete, artista

–    Agar Ledo, comisaria da exposición

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Unha vez rematada a presentación haberá un percorrido polas salas da exposición, guiado polo artista e a comisaria.

 

ÁNXEL HUETE

Unha revisión crítica

28 abril – 17 setembro 2017

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Agar Ledo Arias

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de escultura ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1970s), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica —como recurso de representación— son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes. Na exposición proponse un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara unha progresiva sintetización da imaxe pictórica, tanto nas pezas monocromáticas, nas distribucións reticulares ou na firme decisión do autor de reducir a análise da pintura ao estatuto simbólico do signo.

 

Catro bandas universitarias compiten este ano no festival Ensaiamos colleita 2017

Vigo, 26 de abril de 2017.- Catro serán as bandas universitarias que este ano competirán no festival Ensaimos colleita 2017. Trátase de Spleen, Ripley, Yo, el gordo y postcoitallica e Banda Base. Ensaiamos é un programa que a Universidade de Vigo promove desde o ano 2006. Nel, ofrécese a grupos -nos que polo menos haxa un membro da comunidade universitaria para os dúos e dous para as bandas a partir de tres membros – un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario para facelo.

 

Banda base é grupo de estudantes de Telecomunicación que tocan grandes éxitos de Artic Monkeys ou Muse; Spleen trátase dunha banda que nace no programa Ensaiamos que toca folk, tradicional galega, blues o jazz; Ripley fai blues e rock con referencias como Miguel Costas, Ariel Rot, Burning ou Os Ronaldos así como David Bowie, Bob Dylan ou Kevin Ayers, e Yo, el gordo y postcoitallica tocan unha variedade de covers de bandas que todo o mundo pode coñecer (desde Porretas ata Metallica).

 

Os grupos serán avaliados tanto polo público como por un xurado profesional. O gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Tamén haberá un sorteo entre os asistentes ao concerto, de menús e consumicións en locais de Cidade universitaria (La Cocina de María, Tuypan, La Marita café e Leonardo da Vinco café) así como un acceso gratuíto dun ano ás instalacións deportivas do campus a cargo de Soom Management.

 

Ensaiamos é un programa posto en marcha pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria co obxectivo de axudar na produción da música propia e, por outra banda, impulsar a súa difusión. Ademais pretende que os grupos, grazas á formación alcanzada durante o ano académico, poidan ser axentes culturais nos seus propias lugares de orixe.

 

O festival Ensaiamos Colleita 2017 enmárcase na programación cultural do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo na que se combinan as actuacións musicais e teatrais co cine en versión orixinal.

 

Ensaiamos. Colleita 2017
Data:    Xoves, 27 de abril

Hora:   17.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

               

EL CONFLICTO Y SUS DIVERSAS MANIFIESTACIONES EN EÑE 49

Laura Restrepo, Beatriz Rodríguez, Daniel Ruíz García, Mariana Enríquez, Luis Mateo Díez, Lea Vélez, Paulina Flores y Lara Moreno son las firmas invitadas de este número 

Conflictos sociales, internos, amistosos, sentimentales o familiares tienen cabida en los cuentos y relatos de Eñe 49  

Antonio Orejudo  firma el diario, mientras que Daniel Mordzinski nos desvela los secretos de su Biblioteca Particular 

Este número incluye también una conversación con Antonio Muñoz Molina, la “batalla” que firma Berna González-Harbour,  la sección El Juicio Final, a cargo de Sergio del Molino, y el Planeta Eñe de Juan Gómez Bárcena  

Luis Baylón firma la fotografía de portada y las imágenes interiores del número 

Más información: 
www.revistaeñe.com 

La Real Academia Española ofrece hasta seis acepciones para la palabra “conflicto” en el diccionario: desde enfrentamiento armado a pelea, apuro, problema, cuestión o materia de discusión. Podríamos decir que el conflicto es intrínseco a la propia existencia humana, ya que el individuo no solo lidia con conflictos externos, sino que en su cualidad de homo sapiens se encuentra en muchas ocasiones acosado por conflictos internos de la mayor variedad.

El conflicto es también la savia de la que se nutre la creación literaria, ya que no hay relato sin conflicto. Y en este sentido, este amplio concepto se presenta como materia prima de primera calidad para los relatos que integran el último número de la revista Eñe.

En Eñe 49  Laura Restrepo, Beatriz Rodríguez, Daniel Ruiz García, Mariana Enríquez, Luis Mateo Diez, Lea Vélez, Lara Moreno y Paulina Flores han construido sus textos teniendo presente la idea del conflicto que puede abarcar, desde los conflictos interiores hasta los sociales o la violencia.

Laura Restrepo nos plantea precisamente si todas las formas de conflicto —o de violencia— no son en alguna medida la misma. Beatriz Rodríguez y Paulina Flores se adentran en uno de los conflictos eternos: el sentimental. Mariana Enríquez y Daniel Ruiz hurgan, de modos muy distintos, en el literariamente fértil conflicto familiar. Lea Vélez indaga en un conflicto devastador: el progreso. Lara Moreno pone sus palabras en otro no menos inquietante: el de la educación y las normas. Y Luis Mateo Díez, por último, con su maestría habitual, se entrega a la amistad.

Junto al tema central del número, Eñe 49 cuenta también con sus secciones habituales, en las que en esta ocasión nos visitan  Antonio Orejudo – que firma el Diario– y Daniel Mordzinski, que nos habla de su Biblioteca Particular.

Antón Castro dialoga con el escritor Antonio Muñoz Molina, que reflexiona sobre los peligros de la cultura del odio. Berna González-Harbour firma “La Batalla”, titulada Contra el muro. Por la literatura,  mientras que Sergio del Molino es el autor de la sección El Juicio Final.

Open Every Night 1st May – 15th October

With summer now just around the corner, partygoers from around the world will be setting their sights on dance music mecca Ibiza. Making the most of the summer season, famed for its ‘Forever Young’ spirit. Pacha Ibiza’s famous doors will be open every night from 1st May right through to 15th October.

Kicking things off in style, May will see performances from international stars Sasha, George Fitzgerald, Audiofly, Martin Buttrich, Horsemeat Disco and many many more.

Boasting a calendar brimming with the finest DJ talent every night for over five months, Pacha continues to retain its reputation as one of the most iconic clubs on the island – and indeed the world, year in, year out. This year will see the unbelievable 37th season of its Flower Power nights on Monday, the return of Maceo Plex’s magical Mosaic concept on Tuesdays, the one and only Martin Solveig with My House on Wednesdays, dance legend David Guetta with F*** Me I’m Famous on Thursdays, Hot Since 82’s brand new Labyrinth party for Fridays, Bob Sinclair’s return to the decks for Pure Pacha on Saturdays and last but by no means least, Solomun +1 on Sunday nights.

Featuring state-of-the-art sound systems, lighting and visuals and some of the best music the island has to offer, Pacha is a must visit for any discerning partygoer this season. Below are just a few of the highlights coming up during the opening month, be sure to check out the lineups and get your tickets now.
3/5 Balearic Affair
TANIA VULCANO
JOSE DE DIVINA
ANGEL LINDE
APHOTEK
JONATHAN TENA

5/5 Off Week
MATADOR
PAUL RITCH
ALEX KENNON
ANDRE BULJAT

11/5 Ibiza Global Showcase
DENNIS CRUZ
ANNA TUR
JOSE MARIA RAMON
MIGUEL GARJI
TONI MORENO (live)
ANGEL LINDE

13/5 Electric Ibiza presents…
SASHA
GEORGE FITZGERALD
VONDA7
ALEX KENNON

14/5 Martin Buttrich & Audiofly

AUDIOFLY
MARTIN BUTTRICH
2VILAS

18/5 Future Disco
HORSE MEAT DISCO
FUTURE DISCO
MELON BOMB DJS
GHRAHAM SAHARA

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na concentración deste mércores 26 de abril na Guarda en solidariedade cos traballadores despedidos e contra da represión no Centro San Xerome

A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na concentración convocada este mércores 26 de abril na Alameda da Guarda, ás 12 da mañá, unha concentración de solidariedade e apoio aos dous traballadores despedidos no Centro de atención a persoas con discapacidade, San Xerome Emiliani.

Despídenos alegando causas económicas, mais estes traballadores están subrogados do Concello da Guarda para realizar o traballo de mantemento de zonas verdes e a CIG-Ensino ten constancia de que o concello está completamente ao día nos pagos. Un dos despedidos é delegado de persoal da CIG-Ensino.

As pácticas represivas exercidas polo Xerente, Feliciano Valcárcel, son o pan de cada día no centro. Desde que accedeu ao posto en 2008 sucédense os conflitos, sirva como exemplo o intento de despedimento dun traballador que foi ditaminado como nulo polo xulgado ou o intento reiterado de modificación da xornada sen ter en conta o que di o Convenio e pola que a CIG-Ensino tivo que unha demanda de conflito colectivo que gañamos. Para a CIG-Ensino, Valcárcel está a actuar como o peor dos empresarios, perseguindo e coaccionando os traballadores e traballadoras cun acoso permanente. Desmantelou o posto de traballo do presidente do Comité de empresa, carpinteiro de profesión, para poñelo a traballar desbrozando camiños, un traballo que deberían facer, como de feito fixeron até este ano, os xardineiros do Centro especial de emprego, que agora pretende desmantelar este xerente. E estes despedimentos súmanse aos cinco habidos en anos anteriores e ás varias rescisións de contratos e marchas voluntarias habidas no centro, estas últimas como resultado dunha situación de represión insufríbel.

Valcárcel actúa con total impunidade, talvez porque se considera ben amparado polo PP, con que mantén estreitos lazos, como se puido comprobar na última campaña electoral en que chegou facer un acto político con Louzán dentro do centro, reunindo a todas as familias, ante as que o político prometeu grandes melloras no centro se votaban polo PP.

E por que sucede isto? Para a CIG-Ensino está moi claro: preténdese entregar a xestión do centro á iniciativa privada, buscando facer do servizo un negocio lucrativo para uns poucos. Témolo claro porque no centro San Xerome estanse a dar os mesmos pasos que antes se deron en ASPROMOR, outro centro de atención a persoas con discapacidade que era xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro, mais que foi entregado a unha empresa privada que realizou un ERE extintivo por medio do cal se pechou o Centro Especial de Emprego. Hai coincidencias alarmantes: o intento de despedimento de delegados, o peche do taller de carpintaría para ser substituído por un taller de plásticos ou que o asesor do San Xerome sexa o mesmo que asesorou a Aspromor. O resultado desa maneira de xestionar Aspromor deu lugar ao endebedamento do centro, incremento de despedimentos e empeoramento do servizo. Por iso a CIG-Ensino considera que a propia Asociación propietaria do centro debería preocuparse polo que está a suceder, pola intención oculta de privatizalo, mais tamén porque se están a dilapidar os cartos que recibe o centro, entre outros da Xunta de Galicia, é dicir, diñeiro público, no pago de indemnizacións.

Para a CIG-Ensino esixe que se resolva a situación dos dous traballadores despedidos que deben volver ao seu posto de xardineiros e, neste sentido, agarda e demanda que o concello da Guarda apoie a estas persoas que viñeron realizando este traballo desde hai moitos anos.

A CIG-Ensino considera tamén que a solución aos problemas do San Xerome pasa polo cambio da xerencia, para finalizar coa represión e os atropelos aos dereitos das traballadoras e os traballadores, e que a Xunta de Galicia actúe corresponsabelmente para garantir que os fondos que destina ao centro non son dilapidados en despedimentos.

 

 

A Guarda, 25 de abril de 2017

CIG-Ensino Baixo Miño

O Porriño estará ao cento por cento de ocupación durante os días nos que se disputa a Fase Final da Copa da Raíña de Balonmán

Comerciantes e hostaleiros do Porriño celebran que a vila sexa a sede, esta fin de semana e o luns, 1 de maio, da Fase Final da Copa da Raíña de Balonmán, un evento que, coinciden “ten unha importante repercusión económica” na vila.

Noelia Conde, xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), subliña que é unha ocasión inmellorable para dar a coñecer o nome do Porriño a nivel de toda España, posto que, afirma, non hai que esquecer que unha vila de 20.000 habitantes é o escenario de toda unha final dunha competición nacional de primeirísimo nivel, algo que non é frecuente porque este tipo de citas deportivas de xeito habitual se xogan en grandes cidades.

Conde amósase “encantada” porque máis de 15.000 persoas, segundo as estimacións da organización, se acheguen ao Porriño eses tres días aínda que, recoñece, o impacto que a súa presenza ten no comercio local non é tanta coma a que si notarán os establecementos hostaleiros.

Precisamente o presidente da Asociación de Hostaleiros salienta que a disputa da Copa da Raíña xa empeza a notarse no incremento do número de reservas que os restaurantes teñen para estes días.

Juan Manuel Fortes afirma que, segundo os seus datos, a ocupación dos hoteis do Porriño será do 100% e que moitas persoas que virán á fase final terán que durmir noutros concellos porque xa non quedan camas libres.

Ademais, engade, “tendo en conta a experiencia do ano pasado, teremos unha importantísima chegada de xente nos restaurantes, cafeterías e bares os tres días nos que se xoga o campionato”.

Fortes felicítase polo feito de que a Final da Copa da Raíña se xogue no Porriño, “non só pola pegada que ten na economía local, senón porque difunde tanto o nome do concello, o do noso deporte e os nosos produtos por todo o país”.

Para o presidente dos Hostaleiros esta cita ten, ademais, outra vantaxe, “a de que os nosos clientes son persoas de todas as idades e de todos os petos e cunha mentalidade aberta…se deixan aconsellar, aínda que, coma é lóxico, o peixe e o marisco son os produtos máis demandados”.