GALICIA ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DO CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO O VINDEIRO ANO

O Consello Territorial de Servizos Sociais designou á comunidade autónoma como sede deste encontro nacional de referencia en materia de cooperación e solidariedade

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na xuntanza do pleno deste consello, no que tamén se acordou a creación de grupos de traballo para avanzar na avaliación e aplicación da lei de dependencia

 

Madrid, 26 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou hoxe en Madrid na reunión do pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, que se celebrou nas dependencias do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Entre outros asuntos abordados neste encontro, os representantes da administración xeral do Estado e das comunidades autónomas presentes neste órgano acordaron nomear a Galicia como sede do Congreso Estatal de Voluntariado en 2018, collendo así a testemuña de Andalucía que o albergará este ano.

 

O devandito congreso, que se celebra dende 1997, constitúe o foro nacional de referencia no eido da acción do voluntariado ao congregar a todos os sectores relacionados co ámbito da solidariedade. Nestes encontros participan responsables de Organizacións Non Gobernamentais (ONG), de entidades que desenvolven programas e proxectos de voluntariado, das administracións públicas, das empresas ou das universidades, entre outros organismos e sectores. E no transcurso dos mesmos, os asistentes debaten e reflexionan sobre os problemas que afectan e preocupan ao movemento voluntario e ás entidades sociais do país.

 

Asemade, durante a celebración do congreso se fai entrega dos Premios Nacionais de Voluntariado  cos que se recoñece o traballo e a participación solidaria de persoas e entidades nos diferentes ámbitos social, sanitario, cooperación ao desenvolvemento, medio ambiente, deporte, cultura, educación, protección civil e emerxencias.

 

A xuntanza desta mañá do consello territorial tamén serviu para avaliar o Plan Concertado de servizos sociais e os proxectos sociais de apoio á familia e á infancia desenvolvidos polas comunidades autónomas e que contaron con financiamento do Ministerio. Ademais, aprobouse a creación de grupos de traballo para avanzar nunha proposta técnica que equipare os baremos de discapacidade, así como no deseño e estrutura das avaliacións anuais sobre a aplicación da lei de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: