MARCO: /inauguración ÁNXEL HUETE

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica

 

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles ápresentación á prensa que terá lugar este venres 28 de abril ás 12.00, con motivo da inauguración da exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, nas salas da planta baixa.

Nesta presentación participarán:

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro área de Cultura, Concello de Vigo

–  Ánxel Huete, artista

–    Agar Ledo, comisaria da exposición

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Unha vez rematada a presentación haberá un percorrido polas salas da exposición, guiado polo artista e a comisaria.

 

ÁNXEL HUETE

Unha revisión crítica

28 abril – 17 setembro 2017

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisaria: Agar Ledo Arias

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de escultura ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1970s), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica —como recurso de representación— son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes. Na exposición proponse un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara unha progresiva sintetización da imaxe pictórica, tanto nas pezas monocromáticas, nas distribucións reticulares ou na firme decisión do autor de reducir a análise da pintura ao estatuto simbólico do signo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: