Archivo | abril 27, 2017

VI Xuntanza Cabalar na parroquia de Mosende

VI Xuntanza Cabalar de Mosende

O vindeiro domingo, 30 de abril, celébrase na parroquia de Mosende, a ‘VI Xuntanza Cabalar’, organizada pola Comisión de Festas da Costeira coa colaboración do Concello do Porriño.

As persoas que se acheguen á mesma participarán nunha xornada a cabalo e poderán degustar unha “espectacular churrascada a prezos moi acaídos”.

O Porriño súmase a Musiqueando

Alumnas e alumnos do CPI da Ribeira, e dos IES Pino Manso e Ribeira do Louro, sumáronse este xoves, día 27 de abril, a máis de 20.000 rapazas e rapaces que celebraron en toda España unha nova edición de ‘Musiqueando’, facendo música na rúa.

Co apoio da Concellería de Educación, dirixida por Lourdes Moure, preto dun cento de estudantes amosaron que #nosimportalamúsica, interpretando na Praza do Cristo, en pleno centro do Porriño, ‘O Son do ar’, de Luar na lubre, ‘O Danubio azul’, de Johann Strauss, a canción tradicional inglesa ‘Scarborough’s Fair’, ‘The Harmonious Blacksmith’ de Haendel, ‘Fuga xeográfica’ de Ernst Toch, ‘Matriarcas’ de Guadi Galego, ‘The scientist’, de Coldplay, ‘Wonderwall’, de Oasis, ‘Danza de bastóns’, de Francia, a ‘Danza das fitas’, de Galicia, o ‘Canon das froitas’ e mesmo fixeron unha exhibición de danza moderna.

‘Musiqueando’, impulsado pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM), ten coma obxectivo que un día ao ano sirva para sensibilizar da importancia que ten a música na vida e na educación, coma se pon de manifesto no enlace http://musiqueando2017.weebly.com/, no que se fai unha descrición dos obxectivos deste 27 de abril.

 

Aprazamento 5º Mercado Porriño Saudable

Este xoves pola mañá, os organizadores do 5º Mercado Porriño Saudable, que xunto co concelleiro de Medio Ambiente, Industria, Urbanismo e Comercio, Marceino Coto, debían presentar a edición deste ano, acordaron, xunto con concelleiro, o aprazamento do mesmo por mor das previsións meteorolóxicas para esta fin de semana.

O Mercado, que debía celebrarse este domingo, día 30 de abril, trasládase a unha data, ainda non pechada, do vindeiro mes de xuño.

 

Mellora dos parques infantís do Porriño

A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar as obras de mellora do parque infantil da Praza do Cristo, que abranguerá a reparación dos compoñentes do mesmo- columbios, tobogán, balancín ou torre- ademais da substitución do chan e a eliminación de calquera elemento que represente un risco para os cativos.

Estes traballos foron aprobados hai semanas,  á vista da necesidade do deterioro deste lugar de lecer de nenas e nenos, e que esperaron para iniciarse a que ao cumprimento dos trámites legais.

Esta é o primeira das actuacións previstas nos parques infantís do Porriño, tal e como proporá o concelleiro de Parques e Xardíns ao Pleno do Concello, dentro dun proxecto que tamén contempla o arranxo e modernización dos parques do Centro Social de Atios, os de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os dos centros sociais de  Mosende e Pontellas, o de Torneiros, o de Fontevella, na rúa Pío XII ou o do Matadeiro, á beira do Louro, entre outros.

O proxecto, ademais do cambio dos elementos deteriorados por outros novos, ou a incorporación de novos chans de diferentes materiais, coma pavimento continuo de caucho, para extremar a seguridade e comodidade, contempla a instalación de compoñentes biosaudabeis-como timóns, andadores, volantes ou barras paralelas- para o uso por persoas de todas as idades, e elementos para persoas con diversidade funcional.

O concelleiro, aínda que celebra que o Partido Popular se preocupe por este tema, considera que é cando menos oportunista, considerando que o deterioro dos parques infantís do Porriño ven de ser denunciado polos veciños xa dende que o PP estaba á fronte do Goberno local, sen que, daquela se fixese nada para arranxalos.

Así mesmo,  tamén agarda que os populares fagan chegar a súa preocupación ao Ministerio de Facenda, considerando que o titular deste ministerio, Cristóbal Montoro, militante do Partido Popular, non autoriza aos concellos con superávit, como é o do Porriño, destinar o mesmo a gastos tan necesarios como este. En calquera caso, confía en que cando o proxecto para mellora destes parques chegue ao Pleno o PP vote a favor da súa posta en marcha.

Destino Ibiza Official Open Air Event Opening 2017

Tickets: http://bit.ly/DestinoOpening2017

Destino Pacha Ibiza Resort is back for its fifth summer season

The doors open for the 2017 season on 28th April, with the official opening daytime open air event on Friday, 2nd June from 4pm heading by Luciano, Guy Gerber and Dj Shimza.

 

It’s official! After an unforgettable, incredibly successful 2016 summer season when we enjoyed, dined, and relaxed together every week, Destino Pacha Ibiza Resort is set to make a new step in 2017. There’s no better way to start than with an amazing official opening open air event, with a few surprises up our sleeves and very special event to suit all tastes.

Destino Pacha Ibiza Resort represents a unique and authentic resort concept for the White Island. It opens on 28th April, but step fully up on Friday 2nd June.

Perched on the Cap Martinet hillside near the port of Talamanca Bay, Destino Pacha Ibiza Resort has views over the Mediterranean, Dalt Vila and the island of Formentera. It is in a privileged location, surrounded by stunning scenery and a majestic swimming pool. It blends effortlessly into the natural surroundings.

All of this makes Destino Pacha Ibiza Resort an ideal spot, not only for those who want to experience their dream holidays, but also those looking for a unique experience.

On such a special date, Friday 2nd June, Luciano will be taking over the music of the grand resort’s Opening with Guy Gerber, Dj Shimza, Angel Linde, Javier Gonzalez, Asobitai and Angioma.
2017 marks 50 years of Pacha Group, a year you won’t want to miss!

 

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO SUPERVISA OS TRABALLOS DE ASFALTADO NAS TRAVESÍAS DA ESTRADA PO-552 EN BAIONA

  • O Goberno galego inviste máis de 400.000 euros na recuperación do firme, a execución dunha nova glorieta e o ensanche da plataforma, reservando unha zona a parada de taxis e bus
  • As obras de mellora da seguridade adxudicáronse o pasado mes de marzo co obxectivo de que estean rematadas nunha primeira fase antes do verán

 

Vigo, 27 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acudiu esta mañá a Baiona acompañado do alcalde do municipio, Ángel Rodal, para supervisar o avance dos traballos de asfaltado proxectados nas travesías da estrada PO-552 (Vigo-Tui) ao seu paso pola localidade. As obras, adxudicadas o pasado mes de marzo e que suporán unha mellora da seguridade viaria desta zona, contemplan unha inversión de máis de 400.000 euros.

 

O prazo de execución das actuacións é de seis meses aproximadamente, porén se traballará con axilidade para ter a primeira fase rematada a finais do mes de maio. A intervención na glorieta se deixará para unha segunda fase que se retomará xa a partires de outubro.  Estas obras teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria das travesías na devandita vía mediante o reforzo de firme das mesmas e unha vez rematadas as accións de mellora, realizarase o repintado de marca viaria no eixe da estrada.

 

Con estas actuacións, o Goberno galego pretende a recuperación do firme desta estrada, concretamente entre os puntos quilométricos 13+000-14+000 e 15+000-17+000; a execución da nova glorieta no p.q. 16+300 (aprazado o inicio das obras ata despois do verán por petición expresa do Concello de Baiona); o ensanche da plataforma entre os p.q. 16+160-16+240 que permita levar a cabo unha zona destinada a parada de taxis e bus. Tamén se manterá a continuidade do itinerario peonil/ciclista existente; a disposición de zonas de estancia e esparcimento para os viandantes; habilitaranse zonas de aparcamento e repintaranse todas as marcas viarias dos treitos de actuación.

 

Así mesmo, se colocaran os elementos de sinalización vertical e balizamento; poranse distintas instalacións na glorieta do punto quilométrico 16+300; modificarase o alumeado público mediante o retranqueo e a colocación de novos puntos de luz; e sustituiranse os distintos dispositivos hidráulicos coa finalidade de adaptalos á nova xeometría proxectada; reubicarase e agruparanse os contedores de lixo e a humanización da rúa mediante a disposición de mobiliario urbano e zonas axardinadas.

 

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

 

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON ASEMACO PARA DIFUNDIR AS AXUDAS DA XUNTA Á REHABILITACIÓN EN GALICIA

  • A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinará un convenio de colaboración co vicepresidente da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco), Bernardo Comesaña. Na sala de xuntas da Consellería.
    foto xon crespo
    27/04/17

    O Goberno galego destaca a importancia de potenciar o eido da rehabilitación, xa que concretou que este sector é o que máis postos de traballo xera por euro investido

  • O convenio estará vixente dende a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2017, podendo prorrogarse por un período igual ao da vixencia do mesmo
  • Unhas 6.300 familias galegas poderán beneficiarse este ano das medidas de impulso da rehabilitación de vivendas ás que a Xunta destinará 39 millóns de euros

 

Santiago, 27 de abril de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe co vicepresidente da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco), Bernardo Comesaña, un convenio de colaboración para a divulgación das axudas en materia de rehabilitación vivenda en Galicia.

 

O Goberno galego busca a potenciación das actuacións de rehabilitación, xa que é preciso reforzar o eido da rehabilitación, xa que que este sector é o que máis postos de traballo xera por euro investido. O convenio estará vixente desde hoxe ata o 31 de decembro de 2017, podendo prorrogarse por un período igual ao da vixencia do mesmo.

 

En 2017, cos programas de rehabilitación da Xunta, cubrirase case o dobre de familias que no pasado exercicio, é dicir, 6.300, xerando ademais un investimento inducido de 58 millóns de euros. Neste sentido, os programas recollidos no Plan Rehavita xa permitiran que o ano pasado, 3.644 familias se beneficiaran das axudas e actuacións directas de rehabilitación, que contaron cun investimento do Goberno galego de 17,2 millóns de euros.

 

O Executivo autonómico está a redobrar os esforzos nesta materia nesta lexislatura, xa que a rehabilitación mellora a calidade de vida dos galegos e actúa como un factor dinamizador da actividade e do emprego.

 

Para elo, ten formulada unha estratexia global de rehabilitación que xa ten o seu reflexo nos Orzamentos de 2017, xa que case 40 millóns de euros permitirán poñer en marcha os novos programas e continuar coas liñas de axuda establecidas, que teñen demostrado a súa efectividade, incrementando incluso a súa dotación, para que poidan chegar aínda a máis familias.

 

Este ano xa están activadas as axudas para a mellora da eficiencia enerxética, unha nova liña de traballo está cofinanciada con fondos FEDER e permite aos concellos realizar actuacións en vivendas da súa propiedade con axudas da Xunta; e facilita a intervención directa do IGVS en vivendas de promoción pública da súa propiedade.

 

No marco deste programa, desde o IGVS acometeranse actuacións directas de rehabilitación en materia de eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública construídas por este organismo.

 

Por outra banda, a Xunta, no segundo semestre do ano, activará as axudas para que os concellos poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres co fin de recuperar o patrimonio construído en desuso, unha liña á que este ano achegaranse 400.000 euros.  

 

Tamén está o programa Rehaluga, unha nova medida que prevé axudas para a rehabilitación de vivenda con destino a alugueiro social e que nace para complementar e incentivar o Programa de Vivendas Baleiras. Esta iniciativa pioneira de axudas a fondo perdido posibilitará restaurar as  vivendas desocupadas para destinalas a alugueiro social.

 

Este programa permitirá, por unha banda, reducir o número de vivendas en mal estado ou desocupadas; e, por outra, dar resposta ás necesidades daquelas familias que se atopan en situación de dificultade. A convocatoria de axudas correspondente a este exercicio ascende a 200.000 euros e sairá publicada nos vindeiros días.

 

O Goberno galego tamén ten avanzado no programa de concesión de préstamos, sen intereses, ou bonificados, a particulares, para que realicen actuacións de renovación nas súas vivendas. Tanto se se trata de actuacións promovidas de forma individual, como a través da comunidade de propietarios.

 

Ademais, nas próximas semanas activarase a convocatoria do Fondo de cooperación cos concellos, un programa polo que a Xunta concederá aos municipios de menos de 50.000 habitantes préstamos a interese cero para que estes poidan recuperar edificacións dos seus cascos históricos ou realizar outras intervencións en materia de rehabilitación. O fondo estará dotado, inicialmente, con 10 millóns e as contías devoltas polos concellos volverán formar parte deste Fondo de Cooperación.

 

Conferencia de David Calle no Teatro Afundación de Vigo

Mañá venres 28 de abril o auditorio do Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá a conferencia «Flipped classroom ou como lles dar unha volta ás clases» a cargo do profesor David Calle, un dos dez finalistas dos prestixiosos premios internacionais Global Teacher Prize do presente ano. O relatorio, incluído no ciclo «Educación e docencia no século XXI» posto en marcha por Afundación, será ás 20.00 h e nel Calle disertará sobre os recursos tecnolóxicos e os avances científicos e metodolóxicos ao servizo da educación. Previamente, ás 17.30 h, terá lugar a rolda de prensa no propio Teatro Afundación de Vigo, na que estarán presentes David Calle e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

A XUNTA DE GALICIA PROMOVE A MELLORA DE COÑECEMENTOS SOBRE TRASTORNOS ADITIVOS ENTRE O PERSOAL DOS CENTROS DE MENORES

A Consellería de Política Social, en colaboración coa Consellería de Sanidade, desenvolveu hoxe unha xornada sobre esta temática

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, saudará os participantes na Xornada sobre trastornos aditivos dirixida ao persoal técnico dos centros de menores. No salón nº 2.
foto xon crespo
27/04/17

Un dos obxectivos é coñecer os factores de prevención no consumo das sustancias aditivas entre os adolescentes e que os profesionais que traballan con eles actúen como transmisores de información preventiva

  • O encontro enmárcase na Estratexia de Inclusión Social 2014-2020

 

Santiago, 27 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá á xornada sobre trastornos aditivos dirixida ao persoal técnico dos centros de menores de protección e centros para o cumprimento de medidas xudiciais.

 

Os obxectivos do encontro, celebrado en colaboración da Consellería de Sanidade, son mellorar os coñecementos nos factores de prevención do inicio e mantemento do consumo das sustancias aditivas entre os adolescentes, aumentar a capacidade de actuación como transmisores de información, actitudes e valores preventivos de drogodependencias aos menores, proporcionar directrices básicas para o uso responsable de internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes e aumentar o coñecemento sobre os aspectos legais dos controis de consumo.

 

A xornada contou con dúas partes diferenciadas na que interviron diferentes profesionais do eido. Deste xeito, na primeira parte abordouse a prevención de condutas aditivas con sustancia e sen sustancia na adolescencia. Tamén se proporcionaron directrices básicas para facilitar o uso responsable de internet e as novas tecnoloxías entre este grupo de poboación. Na segunda parte proporcionouse información sobre os recursos e programas terapéuticos cos adolescentes con adicións  e cuestións relacionadas coa patoloxía dual e de carácter xurídico legal en materia de menores relacionados co control de consumo de sustancias tóxicas, psicotrópicas ou estupefacientes.

 

José Manuel Rey Varela agradeceu o labor dos profesionais dos centros de protección, dos centros de reeducación e dos centros de intervención educativa en medio aberto, que “traballan a diario con menores, axudándolles a desenvolverse a nivel persoal e tratando as diferentes necesidades e carencias que presentan”, afirmou o conselleiro.

 

Esta xornada realizouse no marco da Estratexia de Inclusión Social 2014-2020, a cal prevé a realización de accións formativas sobre drogodependencias ao persoal educador dos centros de protección de menores.