A XUNTA DE GALICIA PROMOVE A MELLORA DE COÑECEMENTOS SOBRE TRASTORNOS ADITIVOS ENTRE O PERSOAL DOS CENTROS DE MENORES

A Consellería de Política Social, en colaboración coa Consellería de Sanidade, desenvolveu hoxe unha xornada sobre esta temática

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, saudará os participantes na Xornada sobre trastornos aditivos dirixida ao persoal técnico dos centros de menores. No salón nº 2.
foto xon crespo
27/04/17

Un dos obxectivos é coñecer os factores de prevención no consumo das sustancias aditivas entre os adolescentes e que os profesionais que traballan con eles actúen como transmisores de información preventiva

  • O encontro enmárcase na Estratexia de Inclusión Social 2014-2020

 

Santiago, 27 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá á xornada sobre trastornos aditivos dirixida ao persoal técnico dos centros de menores de protección e centros para o cumprimento de medidas xudiciais.

 

Os obxectivos do encontro, celebrado en colaboración da Consellería de Sanidade, son mellorar os coñecementos nos factores de prevención do inicio e mantemento do consumo das sustancias aditivas entre os adolescentes, aumentar a capacidade de actuación como transmisores de información, actitudes e valores preventivos de drogodependencias aos menores, proporcionar directrices básicas para o uso responsable de internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes e aumentar o coñecemento sobre os aspectos legais dos controis de consumo.

 

A xornada contou con dúas partes diferenciadas na que interviron diferentes profesionais do eido. Deste xeito, na primeira parte abordouse a prevención de condutas aditivas con sustancia e sen sustancia na adolescencia. Tamén se proporcionaron directrices básicas para facilitar o uso responsable de internet e as novas tecnoloxías entre este grupo de poboación. Na segunda parte proporcionouse información sobre os recursos e programas terapéuticos cos adolescentes con adicións  e cuestións relacionadas coa patoloxía dual e de carácter xurídico legal en materia de menores relacionados co control de consumo de sustancias tóxicas, psicotrópicas ou estupefacientes.

 

José Manuel Rey Varela agradeceu o labor dos profesionais dos centros de protección, dos centros de reeducación e dos centros de intervención educativa en medio aberto, que “traballan a diario con menores, axudándolles a desenvolverse a nivel persoal e tratando as diferentes necesidades e carencias que presentan”, afirmou o conselleiro.

 

Esta xornada realizouse no marco da Estratexia de Inclusión Social 2014-2020, a cal prevé a realización de accións formativas sobre drogodependencias ao persoal educador dos centros de protección de menores.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: