A XUNTA DE GALICIA TRABALLA CO RESTO DE COMUNIDADES AUTÓNOMAS NO DESEÑO DA TARXETA SOCIAL A NIVEL NACIONAL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe á primeira reunión de traballo para este fin en Madrid

 

  • Será unha chave de acceso ao Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, que permitirá coñecer en tempo real as prestacións sociais da Administración Xeral do Estado, das administracións autonómicas e locais e das ONG
  • A creación desta ferramenta foi un dos acordos tomados na conferencia de presidentes autonómicas do pasado mes de xaneiro

 

Madrid, 26 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez, participaron hoxe en Madrid na primeira reunión do grupo de traballo que se encargará de deseñar a tarxeta social a nivel nacional. A creación desta ferramenta foi un dos acordos tomados na conferencia de presidentes autonómicos celebrada o pasado mes de xaneiro.

 

Este instrumento, será unha chave de acceso ao Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, que permitirá coñecer en tempo real (grazas á súa permanente actualización) as prestacións sociais de contido económico que baixo distintas fórmulas xestionan as comunidades, a Administración Xeral do Estado, as corporacións locais e incluso as ONG co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns. Así mesmo, a tarxeta social, facilitará a coordinación entre os programas das distintas administracións públicas, contribuirá a eliminar duplicidades e a mellorar a complementariedade das prestacións.

 

O conselleiro amosou ao remate da reunión a súa satisfacción polo establecemento das bases para o desenvolvemento desta ferramenta que servirá para “coordinar o noso modelo de benestar, que comprende un sistema de servizos sociais, de pensións, de sanidade e de educación sen comparación”. Neste sentido, cómpre destacar que máis do 70% do gasto a nivel nacional destínase á atención social e máis de 14 millóns de españois reciben todos os meses unha prestación pública, razón pola cal é preciso crear unha tarxeta social.  

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: