Mellora dos parques infantís do Porriño

A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar as obras de mellora do parque infantil da Praza do Cristo, que abranguerá a reparación dos compoñentes do mesmo- columbios, tobogán, balancín ou torre- ademais da substitución do chan e a eliminación de calquera elemento que represente un risco para os cativos.

Estes traballos foron aprobados hai semanas,  á vista da necesidade do deterioro deste lugar de lecer de nenas e nenos, e que esperaron para iniciarse a que ao cumprimento dos trámites legais.

Esta é o primeira das actuacións previstas nos parques infantís do Porriño, tal e como proporá o concelleiro de Parques e Xardíns ao Pleno do Concello, dentro dun proxecto que tamén contempla o arranxo e modernización dos parques do Centro Social de Atios, os de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os dos centros sociais de  Mosende e Pontellas, o de Torneiros, o de Fontevella, na rúa Pío XII ou o do Matadeiro, á beira do Louro, entre outros.

O proxecto, ademais do cambio dos elementos deteriorados por outros novos, ou a incorporación de novos chans de diferentes materiais, coma pavimento continuo de caucho, para extremar a seguridade e comodidade, contempla a instalación de compoñentes biosaudabeis-como timóns, andadores, volantes ou barras paralelas- para o uso por persoas de todas as idades, e elementos para persoas con diversidade funcional.

O concelleiro, aínda que celebra que o Partido Popular se preocupe por este tema, considera que é cando menos oportunista, considerando que o deterioro dos parques infantís do Porriño ven de ser denunciado polos veciños xa dende que o PP estaba á fronte do Goberno local, sen que, daquela se fixese nada para arranxalos.

Así mesmo,  tamén agarda que os populares fagan chegar a súa preocupación ao Ministerio de Facenda, considerando que o titular deste ministerio, Cristóbal Montoro, militante do Partido Popular, non autoriza aos concellos con superávit, como é o do Porriño, destinar o mesmo a gastos tan necesarios como este. En calquera caso, confía en que cando o proxecto para mellora destes parques chegue ao Pleno o PP vote a favor da súa posta en marcha.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: