A XUNTA DE GALICIA RECOÑECE O TRABALLO REALIZADO POR 265 PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN PROXECTOS DE FORMACIÓN DE 9 ENTIDADES

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, fixo entrega hoxe dos diplomas acreditativos en Santiago

 

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidirá o acto de entrega dos diplomas aos participantes nos diferentes proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade. No salón nº 1.
    foto xon crespo
    28/04/17

    A Administración autonómica investiu nesta orde de axudas para proxectos de formación e asesoramento prelaboral nos anos 2016 e 2017 preto de 400.000 euros

  • As entidades beneficiarias das mesmas foron Federación Down, Fademga, Feafes, Cogami, Federación Autismo, Federación FAXPG, Acopros, Entidade Limisi e Cruz Roja Española

 

Santiago, 28 de abril de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu ao acto de recoñecemento das 265 persoas con discapacidade que desenvolveron durante 2016 e 2017 os proxectos de formación e asesoramento prelaboral ao abeiro das axudas que a Xunta de Galicia concedeu a nove entidades de iniciativa social para este fin.

 

A Administración autonómica investiu nesta iniciativa preto de 400.000 euros distribuídos entre as seguintes entidades e os seus correspondentes proxectos: Federación Down para a formación e preparación de oposicións autonómicas e estatis para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual; Fademga centrou a súa actividade na mellora da capacitación sociolaboral das PCDID de Galicia; Feafes realizou un proxecto de habilidades prelaborales para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade por mor de enfermidade mental; Cogami ofreceu formación prelaboral en Lugo, Pontevedra e na Coruña; Federación Autismo realizou itinerarios personalizados para persoas con necesidades de apoio similares para a adquisición de formación prelaboral e habilidades na vida cotiá; Federación FAXPG puxo en marcha un proxecto de adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade; Acopros realizou un programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva; Limisi traballou na inserción sociolaboral para persoas con diversidade funcional da comarca da Limia; e Cruz Roja Española apoiou a persoas con capacidades diferentes.

 

Os participantes en todos estes proxectos, recibiron hoxe o seu diploma acreditativo da man do Conselleiro de Política Social quen, durante o transcurso do acto, destacou que o obxectivo da Xunta de Galicia é “que as persoas que máis o precisan, melloren a súa calidade de vida a través da mellora das súas habilidades e da incorporación ao mundo laboral”. Así mesmo, Rey Varela engadiu que “esta meta será froito do traballo en común co resto de administracións así como coas entidades sociais de Galicia, porque elas son as que mellor coñecen a realidade das persoas con discapacidade”.

 

O titular autonómico agradeceu tamén o esforzo, tenacidade e traballo dos participantes nos proxectos. “Sodes todo un exemplo de superación, amosades cada día que sodes unha parte fundamental da sociedade cos mesmos dereitos, deberes e oportunidades e que as barreiras só existen nas mentes”, asegurou Rey Varela.  

 

A orde mediante a cal se subvencionaron estes proxectos, enmárcase na Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020. Particularmente, esta actuación inclúese na liña estratéxica de formación e emprego, e incorpora de maneira transversal a perspectiva de xénero. A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, dirixe os seus esforzos cara os aspectos considerados clave para avanzar na consecución da igualdade real das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Este documento é o resultado dun proceso en que participaron as principais entidades sociais e profesionais neste eido e constitúe a folla de ruta que está a aplicar a Xunta nos vindeiros anos para promover que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente.

 

Para acadar este obxectivo, a Estratexia susténtase nunha serie de liñas transversais con vocación de impregnar o conxunto de actuacións que se desenvolven ao seu abeiro e que son a accesibilidade; a participación; a investigación, a innovación e a calidade; e a igualdade de xénero.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: