ÁNXEL HUETE Unha revisión crítica- O Marco

28 abril – 17 setembro 2017

Salas de exposición da planta baixa

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Comisaria: Agar Ledo

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

 

Achegamos a documentación de prensa da exposición ‘ÁNXEL HUETE. Unha revisión crítica’, inaugurada hoxe no MARCO:

– Nota de prensa.

– Folla de contactos/guía de imaxes + pés de foto.

– Texto curatorial completo + cronoloxía.

 

Para recibir imaxes, basta con solicitalas indicando os núms. de ref. na folla de contactos/galería de imaxes, e remitímolas en alta resolución.

Esta documentación e + INFO en http://www.marcovigo.com/content/nxel-huete-unha-revisi-n-cr-tica

 

Síntese do proxecto expositivo

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de esculturas ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1975), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

 

As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica —como recurso de representación— son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes. Na exposición proponse un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara a unha progresiva sintetización da imaxe pictórica, tanto nas pezas monocromáticas, nas distribucións reticulares ou na firme decisión do autor de reducir a análise da pintura ao estatuto simbólico do signo.

A dialéctica vai acompañar sempre o seu traballo, onde o diálogo dase dentro da amplitude da abstracción: os elementos de orixe icónica deslízanse cara o símbolo para desaparecer por ocultación, e a pesar de ser borradas, aínda son visibles as formas. A consideración da abstracción como un recurso operativo levará a Huete a concibir a arte como unha codificación e a entendela como un sistema de signos froito de convencións que deben ser aprendidas na súa especificidade.

 

A exposición, comisariada por Agar Ledo, responsable de exposicións do MARCO, enténdese como unha oportunidade para estudar e reinterpretar o noso pasado máis recente a través da traxectoria de Ánxel Huete, revisión que vén acompañada dun catálogo de próxima publicación —coeditado por Anxo Rabuñal e Agar Ledo, deseñado por Xosé Salgado e Lía Santana, e con achegas de Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa ou Isaac Pérez Vicente— que sirve de espello ao contexto social e cultural das últimas décadas.

 

 

Información xeral

Documentación

Nas salas de exposición está dispoñible para medios e público a seguinte documentación complementaria, tamén accesible para descarga na web www.marcovigo.com

–          Ánxel Huete. Detrás da pintura, por Agar Ledo Arias (texto curatorial completo)

–          Cronoloxía: Ánxel Huete. Liña de vida

–          Follas de sala con información sobre as obras en exposición

–          Textos do catálogo da exposición (de próxima publicación), por Rosalía Pazo Maside, Manuel Pérez Rúa e Isaac Pérez Vicente

–          Galería de imaxes e pés de foto

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/04

Visitas e obradoiros para escolares

Para grupos de educación Infantil, Secundaria, Bacharelato, e outros centros de formación

Colabora: Obra Social “la Caixa”

Do 5 de maio ao 23 de xuño de 2017

Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30

Previa cita no tel. 986 113900/04

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: