O Concello facilitará que máis de 500 estudantes e profesores participen activamente no Festival de Cans
Cincocentos estudantes e profesores dos centros educativos do Porriño serán, por segundo ano consecutivo, protagonistas da Mini Can Parade, do Festival de Cans. Este venres a concelleira de Educación, Lourdes Moure, responsábeis do festival e representantes dos centros, acordaron “traballar conxuntamente” para que, de novo, alumnas e alumnos dos colexios porriñeses deixen a súa pegada no certame de cine máis coñecido de Galicia.
Estudantes de 8 centros da vila participarán no proxecto ‘Debuxa Cans’, sobre tema libre co ‘espírito’ de que “todos xuntos facemos o festival”. Así mesmo, como indicou a concelleira, tamén traballarán xuntos no ‘decorado’ do festival e os seus traballos, antes de rematar en Cans, coincidindo coa proxección das películas, estará exposto na ‘rúa’ peonil do Porriño.
Lourdes Moure subliña que actos de vandalismo como os que se viviron noutras ocasións, non impedirán que se leve a cabo esta actividade e salienta que dende o Concello “faremos unha labor de concienciación no respecto polo traballo dos demais”.
Ademais, os días 24,15 e 26 de maio, estudantes e profesores asistirán nos mesmos alpendres e adegas que farán de sas de cine durante o certame, ao pase de distintas películas. O Concello, lembra Lourdes Moure, colabora nesta actividade poñendo os autobuses nos que se desprazaran alumnos e profesores ata a parroquia de Cans.