A XUNTA FOMENTA O INTERCAMBIO XUVENIL CON ITALIA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE MOBILIDADE ‘A XUVENTUDE NO MUNDO’

  • O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician anualmente a preto de 3.600 veciños
  • Os 9 centros da área de Vigo mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que se lle ofrecen máis de 200 actividades

 

O Porriño (Pontevedra), 28 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo hoxe un encontro co director do centro sociocomunitario de O Porriño, David González, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente preto de 3.600 veciños da localidade pontevedresa.

 

Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego inicia en O Porriño unha rolda polos devanditos centros. Segundo lle trasladou o responsable destas instalacións, nelas realízanse desde excursións, talleres e charlas, ata ximnasia, actuacións musicais, bailes, comidas ou festas que se van programando ao longo do ano.

 

A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para disfrutar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos, ler a prensa, cafetería, servizos de podoloxía ou perruquería, etc.

 

En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, se lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, se suman ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: