Archive | mayo 1, 2017

O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO RECIBE OS BOLSEIROS DO MÁSTER DE AVOGACÍA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Vigo, 30 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu esta semana os 15 bolseiros do Máster de Avogacía da Universidade de Vigo que farán as prácticas laborais na sede da Administración autonómica na cidade. Os estudantes completarán a súa formación na Consellería de Política Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.