Archive | mayo 2, 2017

A XUNTA DE GALICIA E CÁRITAS DIOCESANA DE MONDOÑEDO-FERROL POTENCIAN A INCLUSIÓN SOCIAL A TRAVÉS DUN NOVO CENTRO DE DÍA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións en Ferrol

 

  • A administración autonómica investiu 150.000 euros nas obras de mellora que permitiron habilitar espazos como a cociña, o comedor, as aulas de formación, o punto NET e a biblioteca do centro

 

Ferrol, 2 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha visita ao novo centro de día e inclusión social Gabriel Vázquez Seijas pertencente a Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol.

 

A Xunta de Galicia, a través da orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social, financiou con 150.000 euros as obras que permitiron habilitar os espazos de cociña, comedor, aulas de formación, punto NET e a biblioteca do centro.

 

O titular autonómico destacou que “en Galicia, loitamos contra a pobreza, a exclusión a intolerancia e a discriminación, sen outra premisa que a integración plena de todas as persoas na sociedade e da man de Cáritas, camiñamos xuntos chegar a esta meta a través da inauguración deste centro”.

 

Rey Varela lembrou a importancia da loita contra a exclusión e a pobreza, “un camiño no que nos acompaña Cáritas Diocesana a través do seu labor diario en prol dos que máis o precisan en Ferrol e en toda Galicia, tanto no rural como nas cidades”.

 

Nas súas verbas, o conselleiro de Política Social quixo enxalzar o labor de voluntarios e profesionais que constitúen a rede solidaria en acción constante a través de proxectos como Dentro-Fóra sen teito, centrado na realización de actividades de promoción de habilidades sociais, economía doméstica e hábitos saudables, cun total de 150 horas  e unha media de 15 usuarios.

 

Tendo en conta a traxectoria desta entidade e a axuda que proporciona a milleiros de familias e persoas en situación ou risco de exclusión social, Cáritas Diocesana seguirá contando coa colaboración da Xunta de Galicia para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas que máis o precisan.

 

Orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social

A Consellería de Política Social aprobou o ano pasado a orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social para os anos 2016 e 2017. Esta liña de axudas contou cun orzamento de 8,3 millóns de euros para dito bienio, o que representa un aumento do 61% con respecto ao investimento realizado nos anos 2015 e 2016. Trátase do cuarto ano consecutivo no que se incrementa o orzamento destinado a esta convocatoria.  

 

INAUGURADA A EXPOSICIÓN SOBRE MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ EN RIBADEO

Lugo, 02 de maio de 2017. O venres 28 de abril ás 18:00 horas foi inaugurada na Oficina de Turismo de Ribadeo, a exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Participaron no acto Farruco Graña, concelleiro de Cultura do Concello de Ribadeo, e Antonio Giz en representación de GaliciaDigital. Neste acto tamén se presentaron a reedición do folleto que recolle os contidos completos da exposición, e a segunda edición da Antoloxía Poética de Manuel Rodríguez López, coordinada por Xesús Alonso Montero e Santiago Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo, a Real Academia Galega, e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Esta exposición itinerante percorreu xa numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León ou Vitoria, e o ano pasado chegou a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa e as Universidades de Braga e Algarve, o que supón un fito moi importante no desenvolvemento e expansión deste proxecto Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán. Manuel Rodríguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e da nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está celebrando a XXII edición.

ABANCA inicia un período de adquisicións coa compra de Popular Servicios Financieros

‘Mes das letras’ en Afundación

Afundación comeza o mes de maio poñendo en marcha a súa programación para o Mes das letras, iniciativa que nace para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano dedicado ao escritor Carlos Casares, e achegar a súa obra a grandes e pequenos de toda Galicia.

A programación segue a liña da entidade de fomentar a interacción entre maiores e pequenos coa realización dunha sesión de contacontos interxeracional dirixida a escolares de entre 3 e 7 anos e que se levará a cabo en colaboración con voluntarios e voluntarias dos Espazos +60 Afundación.

A XUNTA REITERA O COMPROMISO DE SEGUIR MELLORANDO OS PUNTOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA CON NOVAS AXUDAS PARA INVESTIMENTOS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o PAI do municipio lucense de Sober

 

  • VISITA DEL CONSELLEIRO DE POLITICA SOCIAL JOSE MANUEL REY VARELA AL PAI DE SOBER

    O Goberno galego vén de destinar máis de 28.000 euros no centro de atención á primeira infancia de Sober, o que permitiu levar a cabo obras de mantemento e de mellora da accesibilidade

 

Sober (Lugo), 2 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou hoxe o obxectivo de seguir estendendo e mellorando os recursos de conciliación durante a visita ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do municipio lucense de Sober, que dá servizo ás familias de 20 nenos e nenas. “Queremos que Galicia continúe á vangarda das comunidades autónomas que maiores facilidades ofrecen ás familias para ser pais e nais”, apuntou o responsable da área social do Goberno galego.

 

Neste sentido, o conselleiro destacou o reforzo da colaboración coas entidades locais para, entre outras actuacións, adecuar os seus centros de atención á primeira infancia. Así, no caso do PAI de Sober, a Xunta vén de destinar o ano pasado máis de 28.000 euros para o seu mantemento e mellora. En concreto, a Consellería investiu neste equipamento 9.200 euros con cargo ao Plan Concertado e outra partida extraordinaria de 19.600 destinada a  obras menores de reforma e de accesibilidade, así como para a adquisición de mobiliario e material didáctico.

 

O titular de Política Social avanzou que o Goberno galego sacará este ano unha nova convocatoria extraordinaria de axudas para continuar coa mellora das escolas e centros infantís, especialmente nos concellos rurais con menos poboación. “Queremos que as instalacións para os nenos e nenas galegos sexan as mellores, xa que este tipo de recursos son moi importantes tanto para a conciliación como dende o punto de vista da educación”, manifestou.

 

Nesta liña, Rey Varela destacou o incremento por segundo ano consecutivo do número de prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís de 0 a 3 anos. De tal xeito que Galicia ofertará no vindeiro curso escolar un total de 22.439 prazas, superando de novo a ratio de cobertura aconsellada pola Unión Europea ata alcanzar o 38%, un punto máis que na actualidade.

 

Por último, o conselleiro indicou que o compromiso da Xunta “é ofrecer aos pais e nais máis recursos para a conciliación, porque aspiramos a que Galicia siga a ser unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia”.  Ao respecto, engadiu que “a conciliación constitúe un eixo central nas políticas sociais de Galicia”, de aí a posta en marcha de novas iniciativas como as casas niño, o bono coidado ou a apertura de escolas infantís en parques e polígonos industriais.

Xulio Lorenzo presenta ‘Cantos da ialma’ Auditorio Teatro Afundación de Vigo

El próximo sábado 20 de mayo, a partir de las 21.00 h, el músico Xulio Lorenzo presenta su primer álbum en solitario, Cantos da ialma, en el Auditorio Teatro Afundación de Vigo (Marqués de Valladares, s/n).

Las entradas están disponibles en la página web Ataquilla.com o en el teléfono 902 504 500.

A ópera rock ‘The Rebel’ nas sedes de Afundación

As diferentes sedes de Afundación acollerán durante todo o mes de maio as proxeccións de The Rebel, a primeira ópera rock feita en Galicia e obra dos músicos Iván e Miguel Caride que mestura música, teatro, danza e cine. Ademais, despois de cada visionado terá lugar unha charla-coloquio co director do proxecto, Óscar Doviso, e os produtores e creadores Miguel e Iván Caride.

Deste xeito, The Rebel proxectarase o venres 5 de maio na Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8); o xoves 11 de maio, na Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19); o xoves 18 de maio, na Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24); o xoves 25 de maio, na Sede Afundación de Ferrol (praza da Constitución, s/n); e o venres 26 de maio, na Sede Afundación de Lugo (praza de Santa María, s/n).

Todos os visionados están programados para as 20.30 h e as entradas están dispoñibles na páxina web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

Nova xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado

180 DEPORTISTAS COMPITEN ESTE MÉRCORES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DO PORRIÑO NUNHA NOVA XORNADA DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN GALEGA DE DEPORTE ADAPTADO

O Pavillón Municipal do Porriño volve a ser o escenario dunha nova xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA).

En total, 180 deportistas, pertencentes a 18 equipos, enfrontaranse en 17 encontros programados dende as 10 e media da mañá ata as 2 menos cuarto da tarde deste mércores día 3 de maio.

Os partidos se xogarán, na modalidade de ‘Competición’, en catro tempos de 8 minutos e campo regulamentario, no caso da modalidade ‘Adaptada’, serán 4 tempos de 6 minutos, 5 contra 5.

En Competición Masculina, enfrontaranse Aspanaex, Asdan, San Rafael, San Xerome e Saladino Cortizo; no caso da Competición Feminina, San Xerome e Esclavas; Adaptada Masculina: Juan XXIII ‘B’, San Rafael e Asdan e en Adaptada Mixta: Prioriño, Méndez Núñez ‘A’, Saiar, Aceesca, Saladino Cortizo, Aspavi e Méndez Núñez ‘B’.

Como anunciara hai xa un ano Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, O Porriño seguirá sendo sede desta competición e “pon a dispor dos deportistas, adestradores, seareiros e da Federación Galega de Deporte Adaptado, tanto o propio Pavillón Municipal coma toda a colaboración que poida brindar o Concello”.

LÓPEZ-CHAVES CONSTATA QUE AS OBRAS DO NOVO IES DE SOUTOMAIOR AVANZAN A BO RITMO E SEGUNDO OS PRAZOS PREVISTOS

Soutomaior (Pontevedra), 2 de maio de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá, acompañado polo alcalde da localidade, Agustín Reguera, as obras de construción do IES de Soutomaior, o novo centro educativo no que o Goberno galego investirá máis de 5,3 millóns de euros. Segundo puido constatar, os traballos avanzan a bo ritmo e cumprindo os prazos previstos, de xeito que o colexio poida funcionar no curso 2018/19 e dar así resposta, dixo, “ás crecentes necesidades de prazas de escolarización deste concello”.
O novo instituto terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato. Esta obra encádrase no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia coas zonas que máis natalidade e, polo tanto, máis necesidade de prazas escolares, presentan, contribuíndo á fixación da poboación. Así mesmo lembrou que estas obras están incluídas no Plan da Consellería de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020, que conta para 2017 cun orzamento inicial de 26 millóns de euros.

A XUNTA CONVOCA AOS PROPIETARIOS DOS TERREOS AFECTADOS POLAS OBRAS DO TERCEIRO TREITO DA AUTOVÍA DO MORRAZO PARA O PAGO DAS EXPROPIACIÓNS

  • Os traballos iniciaríanse antes do verán, para que todas obras de desdobramento estean en execución en 2017
  • O treito 3, cun prazo de execución de 24 meses, ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros e suporá a duplicación do viaduto da Fraga, así como a ampliación de dous pasos superiores e cinco inferiores
  • Os cidadáns poderanse achegarse os vindeiros días, 25, 26, 29 e 30 de maio á Casa do Concello de Moaña en horario de 09.30 ás 13.00 horas
  • A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 e supón un investimento total de 55 millóns de euros

 

Santiago, 2 de maio de 2017.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á resolución pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, con trámite de urxencia para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de conversión en autovía o Corredor do Morrazo, concretamente, entre o enlace de Rande e o de Cangas, o chamado subtreito III, (7+300 ao 11+150) ao seu paso polo Concello de Moaña.

 

Esta actuación contará cun orzamento de máis de 18,2 millóns de euros e O Goberno galego levará a cabo os traballos de desdobramento do Corredor do Morrazo entre ditos puntos quilométricos. As obras terán un prazo de execución de 24 meses e para obter información máis detaiada no seguinte enlace: https://goo.gl/OMAfv7.

 

O Goberno galego prevee comezar os traballos antes do vindeiro verán, logo do levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a súa execución, previsto para o primeiro trimestre do ano. Así, a totalidade das obras de construción da Autovía do Morrazo estarán en execución en 2017.

 

Os cidadáns poderanse achegarse os vindeiros días, 25, 26, 29 e 30 de maio á Casa do Concello de Moaña en horario de 09.30 ás 13.00 horas. A orden de comparecencia a establece o orden alfabético dos apelidos dos beneficiados.

 

O treito ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros, desde o enlace de Meira, no PK 7+300 do actual corredor, ata o 11+150 do mesmo, no primeiro enlace de Cangas (conexión coa VG-4.5). Neste enlace, ademais, completarase en sentido Alto da Portela a rehabilitación do firme no treito non afectado polo desdobramento, polo que a lonxitude total do tramo de actuación será de 4,16 km.

 

Ademais do desdobramento do tronco, estas obras suporán a remodelación parcial dos enlaces de Meira, no que se inicia a obra, e Moaña (coa PO-313, no PK 9+570);a duplicación do viaduto da Fraga, de 330 metros; a ampliación de dous pasos superiores e cinco pasos inferiores existentes; e a reposición dunha pasarela peonil metálica (PK 8+980, á altura de Broullón).

 

O documento desenvolve o trazado aprobado polo Goberno galego no ano 2013, que recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, compensando no posible o volume de desmonte co de terraplén. Con este obxectivo, neste treito, mantense a solución de alternancia do desdobramento pola marxe dereita e pola esquerda, buscando o maior aproveitamento posible da calzada existente. Desde xeito, acádase unha solución optimizada, máis equilibrada e de menor impacto, xa que consegue un mellor reaproveitamento dos materiais existentes e un menor impacto visual, todo elo mantendo a máxima funcionalidade.

 

A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 (22 millóns de euros) e supón un investimento total de 55 millóns de euros.