A proposta de Costa de Marfil pecha a Mostra de teatro universitario de Vigo

Vigo, 2 de maio de 2017.- A sexta e última función programada dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) é a posta en escena do grupo Bin Kadi So, de Costa de Marfil. Trátase da obra Sainte dans L’incendie, de Marie-José Hourantier a partir do texto do autor francés, Laurent Fréchuret. Durante 50 minutos, cóntase unha fantasía heroica, unha serie de variacións sobre unha campesiña, Xoana de Arco, queimada pola vida, atravesada por voces, facendo teatro de todo. Unha Xoana africana, facendo a figura da paz.

 

A función, de entrada libre ata completar aforamento, poderase gozar no auditorio do Concello, a partir das 20.30 horas.

Chaplin e irmáns Marx

Dentro da programación cultural la Universidade de Vigo, mañá tamén está previsto a proxección da última sesión do 5º ciclo Cine e Lingua, neste caso, unha curta e unha longometraxe en inglés. En primeiro lugar, proxectarase The inmigrant, de Charles Chaplin. Interpretada tamén por Charlot, conta a vida dun inmigrante que chega en barco a Estados Unidos. Alí é acusado falsamente dun roubo. O segundo pase será A night at the opera, a xoia interpretada polos irmáns Marx. Otis B. Driftwood (Groucho Marx) é o representante dunha adiñeirada viúva, Mrs. Claypool (Margaret Dumont) que quere ser mecenas dunha ópera. Para conseguilo, Driftwood preséntalle ao empresario Herman Gottlieb (Sig Ruman), quen desexa que Claypool financie a ópera co protagonismo do famoso e arrogante tenor Rodolfo Lassparri (Walter Woolf King).

 

Grupo Bin Kadi So

Sainte dans L’incendie
Data:    Mércores, 3 de maio

Hora:   20.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Auditorio do Concello. Praza do rei. Vigo.
The inmigrant (Charles Chaplin, 1917)

A night at the opera (Sam Wood, 1935)
Data:    Mércores, 3 de maio

Hora:   20.00 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento

   Lugar:  Edificio Cambón. Casco Vello. Vigo.           

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: