A XUNTA DE GALICIA E CÁRITAS DIOCESANA DE MONDOÑEDO-FERROL POTENCIAN A INCLUSIÓN SOCIAL A TRAVÉS DUN NOVO CENTRO DE DÍA

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións en Ferrol

 

  • A administración autonómica investiu 150.000 euros nas obras de mellora que permitiron habilitar espazos como a cociña, o comedor, as aulas de formación, o punto NET e a biblioteca do centro

 

Ferrol, 2 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha visita ao novo centro de día e inclusión social Gabriel Vázquez Seijas pertencente a Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol.

 

A Xunta de Galicia, a través da orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social, financiou con 150.000 euros as obras que permitiron habilitar os espazos de cociña, comedor, aulas de formación, punto NET e a biblioteca do centro.

 

O titular autonómico destacou que “en Galicia, loitamos contra a pobreza, a exclusión a intolerancia e a discriminación, sen outra premisa que a integración plena de todas as persoas na sociedade e da man de Cáritas, camiñamos xuntos chegar a esta meta a través da inauguración deste centro”.

 

Rey Varela lembrou a importancia da loita contra a exclusión e a pobreza, “un camiño no que nos acompaña Cáritas Diocesana a través do seu labor diario en prol dos que máis o precisan en Ferrol e en toda Galicia, tanto no rural como nas cidades”.

 

Nas súas verbas, o conselleiro de Política Social quixo enxalzar o labor de voluntarios e profesionais que constitúen a rede solidaria en acción constante a través de proxectos como Dentro-Fóra sen teito, centrado na realización de actividades de promoción de habilidades sociais, economía doméstica e hábitos saudables, cun total de 150 horas  e unha media de 15 usuarios.

 

Tendo en conta a traxectoria desta entidade e a axuda que proporciona a milleiros de familias e persoas en situación ou risco de exclusión social, Cáritas Diocesana seguirá contando coa colaboración da Xunta de Galicia para mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas que máis o precisan.

 

Orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social

A Consellería de Política Social aprobou o ano pasado a orde para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social para os anos 2016 e 2017. Esta liña de axudas contou cun orzamento de 8,3 millóns de euros para dito bienio, o que representa un aumento do 61% con respecto ao investimento realizado nos anos 2015 e 2016. Trátase do cuarto ano consecutivo no que se incrementa o orzamento destinado a esta convocatoria.  

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: