A XUNTA REITERA O COMPROMISO DE SEGUIR MELLORANDO OS PUNTOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA CON NOVAS AXUDAS PARA INVESTIMENTOS

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o PAI do municipio lucense de Sober

 

  • VISITA DEL CONSELLEIRO DE POLITICA SOCIAL JOSE MANUEL REY VARELA AL PAI DE SOBER

    O Goberno galego vén de destinar máis de 28.000 euros no centro de atención á primeira infancia de Sober, o que permitiu levar a cabo obras de mantemento e de mellora da accesibilidade

 

Sober (Lugo), 2 de maio de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reiterou hoxe o obxectivo de seguir estendendo e mellorando os recursos de conciliación durante a visita ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do municipio lucense de Sober, que dá servizo ás familias de 20 nenos e nenas. “Queremos que Galicia continúe á vangarda das comunidades autónomas que maiores facilidades ofrecen ás familias para ser pais e nais”, apuntou o responsable da área social do Goberno galego.

 

Neste sentido, o conselleiro destacou o reforzo da colaboración coas entidades locais para, entre outras actuacións, adecuar os seus centros de atención á primeira infancia. Así, no caso do PAI de Sober, a Xunta vén de destinar o ano pasado máis de 28.000 euros para o seu mantemento e mellora. En concreto, a Consellería investiu neste equipamento 9.200 euros con cargo ao Plan Concertado e outra partida extraordinaria de 19.600 destinada a  obras menores de reforma e de accesibilidade, así como para a adquisición de mobiliario e material didáctico.

 

O titular de Política Social avanzou que o Goberno galego sacará este ano unha nova convocatoria extraordinaria de axudas para continuar coa mellora das escolas e centros infantís, especialmente nos concellos rurais con menos poboación. “Queremos que as instalacións para os nenos e nenas galegos sexan as mellores, xa que este tipo de recursos son moi importantes tanto para a conciliación como dende o punto de vista da educación”, manifestou.

 

Nesta liña, Rey Varela destacou o incremento por segundo ano consecutivo do número de prazas públicas ou financiadas con fondos públicos en escolas infantís de 0 a 3 anos. De tal xeito que Galicia ofertará no vindeiro curso escolar un total de 22.439 prazas, superando de novo a ratio de cobertura aconsellada pola Unión Europea ata alcanzar o 38%, un punto máis que na actualidade.

 

Por último, o conselleiro indicou que o compromiso da Xunta “é ofrecer aos pais e nais máis recursos para a conciliación, porque aspiramos a que Galicia siga a ser unha das comunidades con maiores atencións ás familias e á infancia”.  Ao respecto, engadiu que “a conciliación constitúe un eixo central nas políticas sociais de Galicia”, de aí a posta en marcha de novas iniciativas como as casas niño, o bono coidado ou a apertura de escolas infantís en parques e polígonos industriais.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: