ETHEL VÁZQUEZ INFORMA AO PRESIDENTE DA FEGAMP DE QUE A XUNTA SOMETERÁ ESTE MES A INFORMACIÓN PÚBLICA O MAPA DE NOVAS LIÑAS DE TRANSPORTE PARA INICIAR EN AGOSTO A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda mantivo hoxe un encontro de traballo co presidente da Fegamp, Alfredo García, para abordar a reordenación do transporte público que está a impulsar por fases o Goberno galego

 

  • Salienta que os contratos de explotación de transporte público ofertaranse de forma agrupada por zonas para garantir a eficiencia e unha xestión máis racionalizada do transporte público, iniciando tamén a integración do transporte escolar
  • Explica que haberá un prazo de 10 días para presentar alegacións e que as empresas poidan concorrer á licitación das liñas, e nos próximos meses aprobaranse os proxectos e adxudicaranse os contratos
  • Detalla que esta reordenación das concesións  que perden vixencia en agosto é é a primeira fase do Plan de transporte público en Galicia, que estará rematado en 2019 cun completo mapa de liñas e a posta en marcha de modelos de transporte á demanda
  • Salienta a participación dos concellos como a clave do éxito no obxectivo de acadar un transporte moderno, eficiente e de calidade
  • Subliña que o obxectivo desta reordenación é dotar os galegos dun novo modelo que teña especialmente en conta a cobertura no rural, levando o autobús alí onde sexa preciso e cando sexa preciso

 

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, no que lle trasladou que a Xunta someterá este mes a información pública o mapa das novas liñas de transporte de pasaxeiros co obxectivo de iniciar en agosto a prestación dos servizos.

 

A titular de transportes do Goberno galego avanzou que eses novos contratos de explotación se ofertarán de forma agrupada, por lotes zonais, para garantir a eficiencia e unha xestión máis racionalizada do transporte público, iniciando tamén a integración do transporte escolar.

 

Vázquez Mourelle explicou que nesta fase de información pública, haberá un prazo de 10 días para a presentación de alegacións e para que as empresas manifesten o seu interese de concorrer ao proceso de licitación das distintas liñas de transporte. Precisou que a partir deste proceso, nos próximos meses avanzarase na aprobación dos proxectos e na adxudicación dos contratos coa vista posta en iniciar a prestación dos primeiros servizos no mes de agosto.   

 

Detallou que esta reordenación das concesións  que perden vixencia en agosto é a primeira fase do Plan de transporte público en Galicia, que estará rematado en 2019 co novo mapa mapa de liñas completo e a posta en marcha de modelos de transporte á demanda.

 

Nesta xuntanza a conselleira solicitoulle ao presidente da Fegamp a súa colaboración na interlocución que a Xunta vén mantendo cos concellos, ao longo de todo o proceso, e trasladoulle a importancia de que os municipios participen parater éxito no obxectivo de ofrecer aos galegos un transporte moderno, eficiente e de calidade.

 

A titular de Infraestruturas subliñou que o obxectivo fundamental desta reordenación é dotar os galegos dun novo modelo que teña especialmente en conta a cobertura no rural: levando o autobús alí onde sexa preciso e cando sexa preciso; e evitando que haxa autobuses sen viaxeiros, nin viaxeiros sen autobús.

 

A Xunta, aproveitando a finalización das concesións actuais, está reordenando completamente o mapa de servizos para acadar unha mobilidade flexible e adaptada ás necesidades dos cidadáns.

 

A Consellería de Infraestruturas leva un ano traballando no desenvolvemento desta 1ª fase, que está estudando en detalle as necesidades reais dos galegos e porá en marcha os primeiros servizos nas zonas coas primeiras finalizacións de concesións, no mes de agosto.

 

Para iso, o Goberno galego contactou cos concellos para informalos deste proceso coa fin de que trasladen as súas prioridades e necesidades e convidalos a participar para garantir un mellor servizo aos cidadáns.  

 

Nunha segunda fase, implementaranse os novos servizos no resto da comunidade galega, avaliando a experiencia e as liñas da primeira fase e planificando os servizos definitivos para o ano 2019, introducindo, ademais, modalidades de transporte baixo demanda.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: